Non sei se vos fixastes, hoxe mesmo sae outra enquisa, desta volta de El Diario, no que se aprecia que sube Podemos, pero tamén sube o PP. Está claro que se auto-alimentan, que Rajoy necesita a Pablo Iglesias para ganar as eleccións, que a estratexia dos populares pasa por meter o medo no corpo ao electorado a conta dos podemitas (que veñen os radicais, os extremistas…) , que soben como as escuma por mor desta polarización.
Como dixen a estratexia do PP está clara, acurralar ao PSOE utilizando a Podemos, a ver se así Mariano Rajoy pode ser presidente coa abstención dos de Pedro Sánchez. Agora ben, no caso de que haxa sorpasso de Podemos ao PSOE, eu son o dirixente socialista e apoio o goberno de Pablo Iglesias sen pensalo. Calquera outra opción, é dicir, deixar gobernar ao PP, sería un suicidio para o partido de Pedro Sánchez.
En todo caso xa se verá.
http://www.santiagodecompostela.gal/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=14682
orzamentos públicos que organiza unha empresa privada…
GústameGústame
http://ctxt.es/es/20160622/Politica/6912/elecciones-fraude-electoral-Unidos-Podemos.htm
GústameGústame
http://cotarelo.blogspot.com.es/2016/06/el-oso-sigue-vivo-y-el-partido-de-la.html?m=1
GústameGústame