Son tempos de recambio

sshot-43

Un computador se leva moito tempo prendido acaba corrompéndose e ao final hai que reiniciar o sistema para devolvelo ao seu estado inicial. Algo así ocorre tamén co sistema capitalista e o sistema político que o defende, corrómpese, e necesita reiniciarse –como dixo non hai moito Carolina Bescansa– para que todo volva ao seu estado inicial.

Ese é o cambio que seguramente nos agarda despois do 26X. Non agardedes nada máis, non agardedes que haxa un cambio de sistema, o capitalismo non contempla un arranque dual para elixir outra alternativa, só contempla volver ao mesmo sistema corrupto, pero con novas caras.

O reinicio do sistema empezou en Grecia con Syriza e continuará no Estado Español con Podemos, que recibirá a bendición de Obama cando visite o Estado español o vindeiro mes. Por iso que non agardedes que despois do 26X se instaure a terceira república, que o Estado Español saía da OTAN e a Unión Europea ou que se rompa o concordato coa Santa Sede; ese si que sería un cambio real, porén o recambio será cosmético, meramente aparencial, e no fondo todo seguirá máis ou menos igual, é dicir, mal. E volta a empezar.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.