Brexit, unha cuestión de soberanía

vote_leave_lorry
Onte no informativo da TVE1 facían unha enquisa a pé de rúa, nada científica, pero si o suficientemente maniquea para deixar claro que sectores sociais estaban en contra da saída do Reino Unido da Unión Europea e cales estaban a favor.

Entres os primeiros saían mozos e mozas, disque moi formados; entre os partidarios do Brexit saían vellos e paletos. Pero foron estes últimos, estes “pobres ignorantes”, os que deron na clave do que significaba o Brexit, do que implicaba a saída dunha superestrutura económica e política como é a Unión Europea, era unha cuestión de soberanía.

Os entrevistados “pobres e ignorantes” xustificaban o seu posicionamento en que non querían aceptar as imposicións da Unión Europea, que querían defender o seu, en definitiva, querían ter o control sobre a súa política e sobre as súas decisións, sen imposicións.

Desde a entrada do Estado Español na Unión Europea, -por certo, sen referendo, e sen consultar á cidadanía-, cedeu soberanía, a pesar do que diga Mariano Rajoy. Hoxe por hoxe, o Congreso do deputados pode aprobar un orzamento, pero sen o visto e prace da Comisión Europea non o poderán executar e non poderán levar a cabo aquelas políticas que beneficien á clase traballadora. Tampouco ten o control sobre a súa política monetaria, controlada polo BCE, instrumento clave para dirixir a política económica de calquera país soberano.

Por outra parte, e xa centrándonos no caso galego, desde a entrada na Unión Europea, o agro galego foi a pique, e en constante reconversión; a nosa industria naval practicamente desapareceu; no que se refire á pesca, pasamos de ser os terceiros produtores a estar no posto 50 a nivel mundial. En definitiva foron moitos os sacrificios, foi moito o que se perdeu, para estar nunha superestrutura política e económica que en definitiva é un instrumento globalizador ao servizo do grande capital, onde a nós -en especial o pobo galego- nos ten reservado o papel de meros clientes, simples compradores, alén de que puntualmente haxa algunha que outra empresa que saia beneficiada das súas exportacións. Só temos que entrar en algunha das grandes superficies comerciais para decatármonos de que nós somos simples clientes e si queremos vender aí dentro témolo que facer coas súas condicións, non coas nosas. Así é capitalismo.

En definitiva, que me alegro moito do Brexit. De feito non contaba en absoluto que gañara por mor da política do medo que levaron a cabo políticos e algúns medios de comunicación, pero tamén despois do asasinato (oportuno) da deputada Laborista, Jo Cox. A pesar de todo, o Reino Unido vaise, e asesta un duro golpe á esta megaestrutura política; e faino un país que forma parte do núcleo dirixente da Unión Europea, non só a nivel político senón tamén económico, de feito o Reino Unido e segundo mercado financeiro despois de Wall Street. Se eles teñen problemas, se eles queren saír da Unión Europea, o resto a que estamos agardando?

2 thoughts on “Brexit, unha cuestión de soberanía

  1. Saca o de unión europeida e pon ALEMANIA e estaras mais cerca do asunto, desde o motor do andamiaxe imperialista, impuxeron unhas politicas que orixinaron as peores consecuencias e balanzos nos estados mais externos (grecia, expaña, portugal… ), pero que tamen esta provocando todo tipo de consecuencias nos estados mais centricos o sistema (gran bretaña e francia por exemplo) cal e a politica do nucleo do sistema ALEMANIA, pois o de sempre favorecer os lobis e os tinglados capitalistas, as grandes empresas, os poderes financieiros, xa non podemos nin decir os bancos nin os aforristas (tasas de interese negativo), os resultados estan a vista namentras os USA sairon da crise economica, no referente os macro numeros economicos, pois o nivel de vida da xente aun esta afectada, na eurolandia nin siquera conseguiron semellante cousa… outra labazada mais nos a apretarnos o cinto e os ingleses agora desatados… a curma de risco subindo de repente 55 puntos… que marabilla… e que e francia a decima parte da economia europea… agora moitos xa estan pedindo o mesmo no resto dos paises de europa, nos que poden claro, o resto xa somos colonias do sacro imperio xermanico do euro, e por certo e sempre dixen…¿onde, onde estan os beneficios do euros?

    Gústame

  2. EU TAMEN QUERO UN GZ-EXIT
    Día feliz non, felicísimo. A ninguén se lle escapa que sinto unha hostilidade absoluta pola UE, só superada pola que sinto polo Réxime do 78. Ambos son os causantes principais da penosa situación que vivimos.
    Chegou o momento anticipado desde hai moito tempo, avisamos de que isto ía comezar a romper nalgunha elección e así foi.
    A montaxe antidemocrática que organizaron as oligarquías europeas ha chocado cos límites da manipulación. Ese monstro chamado UE está tocado e esperemos que nuns anos afundido. Chega o momento de organizar a Europa dos pobos e non a das grandes corporacións. Prodúceme profunda tristeza que boa parte da poboación votase contra o inimigo equivocado, que non é o estranxeiro senón o 0.1%. Pero tamén é consecuencia das políticas atroces que impuxeron e por tanto, no medio de tanta cerimonia de confusión, resulta comprensible. Pero non hai que esquecer que boa parte dos británicos tamén votou contra a falta de democracia da UE, e iso debe darnos esperanzas de que o barco chegue a porto enteiro.
    Comezan tempos interesantes, moi interesantes. Agora máis que nunca hai que apertar o acelerador para liquidar o R-78. Os británicos abriron a porta, pero ese traballo é noso e ninguén o vai a facer por nós.

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s