A xeración máis estupidizada de todos os tempos


Hai uns días miles de persoas colapsaron os accesos a Central Park de New York. Móbil en man, estas persoas, na súa maior parte xente nova, saíron a capturar un Vaporeon, un dos personaxes do xogo Pokemon Go da empresa Nintendo. O xogo causa furor en todo o mundo, tanto é así, que en Galiza é o termo máis buscado por enriba de Cristiano Ronaldo, Lionel Messi ou Eurocopa, e compite seriamente co termo “porno”, que como se pode comprobar ten unha estabilidade envexábel nas búsquedas de Google.

//www.google.es/trends/embed.js?hl=en-US&q=pokemon+go,+/m/02xt6q,+/m/06qjgc,+Porno,+Eurocopa&geo=ES-GA&date=today+1-m&cmpt=q&tz=Etc/GMT-2&tz=Etc/GMT-2&content=1&cid=TIMESERIES_GRAPH_0&export=5&w=656&h=330

Hai tempo vin a película “Idiocracia”, unha persoa con escasas luces entra a formar parte dun experimento de crioxenización, despertando varios anos máis tarde nunha sociedade completamente idiotizada pola influencia dos medios de comunicación, e por avatares do destino esta persoa acaba converténdose no presidente do país, por ser a persoa máis espelida do lugar.

Sinceramente, e vendo situacións como as que describín no primeiro parágrafo, coido que estamos xa na fase irreversíbel de estupidización social que está convertendo a xeración máis nova na xeración máis estupidizada de todos os tempos, que caza pokemons co teléfono móbil, mentres os de sempre, as clases dirixentes fan o que queren deste mundo que se nos vai das mans.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.