En Marea confúndese de amigos

Marta Rivera de la Cruz

No mes de marzo pasado Pedro Sánchez presentouse á investidura para ser presidente do goberno. Ser ou non ser presidente dependía do apoio de Podemos e En Marea, que votaron en contra do candidato do PSOE, porque este estaba apoiado por Ciudadanos.

Sen embargo, onte En Marea non tivo reparos en apoiar á galegófoba de Ciudadanos, Marta Rivera de la Curz, para a presidencia da Comisión de Cultura do Congreso.  A cambio deste apoio, En Marea conseguiu a secretaría primeira da comisión que ocupa Miguel Anxo Fernán Vello, e que lle suporán a este deputado de En Marea unha retribución económica mensual de 1.395,30 € (697,65 por ser portavoz adxunto da comisión e outros tantos por ser secretario), a parte do seu soldo de deputado, 2.813,87 €.

O certo é que non se entende moi ben que en marzo votaran non a Pedro Sánchez, evitando a segunda oportunidade de Rajoy para ser presidente (e se cadra unha terceira), e onte apoiaran a Marta Rivera de la Cruz, unha persoa cuxas declaracións en contra do galego son de sobra coñecidas, así como como o cuestionamento da violencia machista contra as mulleres e outras perlas polo estilo, que deixa en moi mal a unha formación política se presenta como o paradigma da ética e da virtude políticas.

É evidente que En Marea confúndese de amigos ao apoiar a unha persoa deste calibre. Agardemos que o 25S as galegas e galegos non se confundan de papeleta.

Unha opinión sobre “En Marea confúndese de amigos

  1. Non é certo o tal apoio por moito que o publiquedes. A configuración da Comisión, como a do resto de comisións é previa a calquera nome proposto polos partidos como así explicou En Marea e o propio MA Fernán Vello. Non se votou, non se apoiou e non se pactou nada referente a Ciudadanos nin Marta Rivera de la Cruz. Algún medio de comunicación tamén se confunde de inimigos…

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.