A xogada de Pedro Sánchez

O PSOE rómpese, o PSOE está en crise, o PSOE está dividido…sen embargo eu son dos que pensa que o que estamos a presenciar é a xogada perfecta para darlle a abstención ao PP de Rajoy, sen que iso supoña a liquidación do partido. Explícome.

Ao PSOE non lle queda outra que darlle a abstención ao PP. Ten menos deputados que antes do 26X e ten que contar cos apoios dos independentistas cataláns para poder gobernar, con ou sen Podemos no goberno, algo que unha parte importante do seu partido non toleraría. Ir a unhas terceiras eleccións suporía perder deputados e votos, e deixarlle en bandexa de prata a maioría absoluta ao PP.

A miña teoría
Así as cousas, e segundo a miña opinión, o PSOE, e en concreto Pedro Sánchez, estaría escenificando unha crise onde uns “traidores” (sic) queren coller as rendas do partido para darlle abstención ao PP para que goberne. Este “teatrillo” virá acompañado de manifestacións, Trendings Topics, … para apoiar ao pobre Pedro Sánchez, que aguanta estoicamente no castelo de Ferraz, ante o asedio de vella garda pretoriana comandada por Felipe González e Susana Díaz, facendo así máis grande a aureola de mártir de Pedro Sánchez.

Consumada a traición aos votantes do PSOE e á súa militancia, regresaría Pedro Sánchez, o mesías salvador, para poñer as cousas no seu sitio e ser o azoute na oposición de Mariano Rajoy e do PP, que gobernaría durante un ano ou ano e medio, tempo suficiente para que o PSOE recupere o pulso político.

Pode ser arriscado, xa o sei, pero non sería a primeira vez en política que alguén crea un problema para despois poñer enriba da mesa o remedio e a solución.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.