En Marea: atrapada no seu discurso demagóxico

silhouette-774836_1280
Vaia por diante que non ten nada malo que Luís Villares se dirixa á súa propia organización para pedir un chófer e secretaria/o para levar a súa axenda, así como unha compensación económica polos cartos que deixou de percibir como xuíz. Iso é unha cuestión interna e saberán en En Marea se é pertinente ou non. A cuestión é que En Marea viuse atrapada no seu propio discurso demagóxico contra os “privilexios” dos políticos. Cando se fai bandeira contra determinados asuntos, o lóxico é ser coherentes e predicar co exemplo.

Mais o que debería preocupar a Luís Villares non é a evidencia espida da demagoxia e oportunismo da que tantas veces denunciei neste blog, senón que o xuíz en excedencia viuse traizoado pola súa propia xente, que filtrou á prensa un documento interno deste á coordinadora do partido instrumental, un feito que denota que o ambiente interno non é bo e é susceptíbel de empeorar.

Pero non é só Luís Villares. Hai uns día o propio alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro, laiábase de non poder contar con chófer e coche oficial, así como de máis asesores, a pesar de que durante a campaña electoral fartouse en arremeter contra os privilexio das “casta” política de Maria Pita. E outro tanto se pode dicir de Martiño Noriega.

A xente normal paga o seguro coche, os caraduras non
A nova política, chámese En Marea ou Podemos -tanto ten-, presentáronse as eleccións como a “xente normal” que tomaba as institucións para apartar a chusma, a casta corrupta, sen principios e inmoral. Meses máis tarde sabemos que esa “xente normal”, como o alcalde da Pobra do Caramiñal, non paga o seguro do coche desde hai un ano, denunciado pola policía local que el mesmo dirixe. Un esperpento que denota que esa “xente normal”, que se presentaba como tal nas institucións, desprezando ao resto de concelleiras/os, deputadas/os, … son uns verdadeiros caraduras, á mesma altura dos “Conde Roas” ou os “Bárcenas”.

E con este panorama non é de estrañar que o electorado acabe votando polo PP, prefire votar o orixinal e non a copia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.