Clinton-Trump. Escoller entre o malo e o peor

Trump e Clinton

Non o teñen doado os norteamericanos para escoller presidente o vindeiro 8 de novembro.

Hillary Clinton o único que ten de novidoso é ser a primeira muller candidata a presidenta, todo o demais xa está visto, coa agravante que o seu paso polo Departamento de Estado tivo nefastas consecuencias para moitos pobos, entre eles Siria e Libia, conflitos nos que esta muller tivo un papel destacado, especialmente na creación do Estado Islámico, do que ela nunca renegou. Iso sen mencionar a relación tan estreita que mantén con Wall Street, relación que xa ven de velllo, xa que o seu home, Bill Clinton, foi un abandeirado dos intereses do sector financeiro estadounidense.

Trump ten un discurso claro e agresivo e en algúns aspectos novidoso, que non se axusta ao que o sistema agarda dun presidente dos Estados Unidos. Por exemplo, recoñecerá Crimea como parte de Rusia, e ten claro os problemas que causa a globalización na clase traballadora nortemericana, xa non digamos no resto do mundo, pero iso a el tráelle sen coidado. Trump é un elemento incómodo para o establishment, de aí a campaña de desprestixio á que foi sometido, unha campaña gañada a pulso ao longo da súa vida de mullereiro e machista empedernido, que reflicte unha imaxe esperpéntica que non lle axuda nada.

Como dixen antes, os norteamericanos non o teñen doado á hora de escoller. Os oitos anos de Obama, cuxos gobernos non se caracterizaron por levar a cabo grandes cambios, non axudan a que o electorado se decante pola demócrata para continuar co seu legado. Son tempos de confusión, tamén en Estados Unidos, e neste momento histórico o diferente, o chamativo, acaba por levarse o gato á auga, e este é Trump.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.