Donald Trump e o espírito Gran Torino

gran-torinoEn 2008, en plena crise económica que zarandeaba medio mundo, pero tamén Estados Unidos, estreábase a película de Clint Eastwood, Gran Torino. Xa falei no seu momento dela, e non me vou estender; só dicir que o seu vello protagonista, o mesmo director de cine, era o típico veterano de guerra que vivía nun barrio residencial de clase traballadora, moi deteriorado pola crise económica e no que vivían persoas de todo o mundo, especialmente asiáticos, o que lle traía recordos e pesadelos ao protagonista. En esencia, Clint Eastwood denuncia o deterioro económico e social de Estados Unidos, apostando claramente polo retorno aos tempos que o fixeron grande, cuxa metáfora é o coche Ford Gran Torino que el conducía. E fronte aos que podían acusar ao seu director de ser xenófobo polo seu desprezo polos asiáticos, Eastwood confía tamén neles para facer unha Amércia grande, sempre en cando, -claro está-, abracen o espírito norteamericano.

Como sabedes en 2008 tamén houbo eleccións americanas. Logo do período negro de Bush, cunha infame guerra contra Irak e o deterioro económico evidente logo do estoupido da burbulla inmobiliaria, Estados Unidos abrazou daquela a Obama. Era seguramente o que necesitaban naquel intre histórico, algo aparentemente diferente; sen embargo, nada cambiou, iso si, había (hai) un presidente simpático e agradábel, pero que espiaba masivamente como Bush e levou a guerra a Siria e Libia, como fixeron os seus antecesores noutros países do mundo, e elevando a tensión con Rusia que recordaba aos peores tempos da Guerra Fría. Hillary Clinton é a herdeira de todo iso, coa agravante de que participou activamente no goberno de Obama.

E nisto chegou Trump. Cun discurso centrado na clase traballadora e contra as elites que manexaban a economía e a sociedade a través dos medios de comunicación, Donald Trump, fíxose un oco no partido republicano arrasando completamente a todos os seus contrincantes, e prometendo facer grande a América e á súa clase traballadora, o mesmo que quería o protagonista de Gran Torino.

Contra todos e contra todo

Donald Trump, que a estas altura xa é presidente electo, no o tivo fácil. O seu propio partido fixo campaña contra el, e todos os medios de comunicación sen excepción tamén, o que demostra a pouca influencia social que teñen estes neste período histórico. Acusárono de xenófobo, porque dixo que ía construír un muro que separaría México de Estados Unidos para evitar as emigracións masivas, sen embargo, ese muro xa existe, e empezou a construírse en 1994, durante o goberno de Bill Clinton. Acusárono de machista, e é certo que as becarias da Casa Branca estarían máis a salvo con Hillary Clinton que con el -sempre que Bill non se pase por alí, claro-, e sempre que cumpra o de rebaixar as campañas militares no estranxeiro, as mulleres de Libia, Siria, Irak… e as de tantos outros pobos do mundo arrasados pola guerra, estarán máis a salvo con Trump que con Hillary.

En resumo, está por ver en que queda o discurso antisistema e antiglobalización do xa presidente electo Donald Trump. Pode quedar en nada, como tantos outros, porque non o vai ter doado, e está por ver se é quen de renegociar os distintos tratados comerciais, tal e como prometeu, que favorecían a deslocalización de empresas en busca de man de obra barata e beneficios, empobrecendo a clase traballadora local; o que si está claro é que o electorado, e a pesar de ser un home rico, veu nel algo diferente, simbolizou o azoute das elites económicas que afundiron América para enriquecerse e iso foi o que lle deu o triunfo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s