A prioridade da “Gran Coalición” do Hórreo

Mesa do Parlamento Galego

Se en España xa teñen a “gran coalición” gobernando, PP, PSOE e Ciudadanos, na Galiza temos a “sorte” de ter tamén unha “Gran Coalición”, neste caso chamarémoslle a “Gran Coalición do Hórreo”, conformada por PP, PSOE e En Marea. Xuntos gobernan a Mesa do Parlamento. Entre as súas funcións está dirixir o Parlamento, así como aprobar a orde do día dos plenos. E entre as súas prioridades está a de “desaloxar” o BNG do local que ocupa desde hai 26 anos para ocupalo En Marea, unha decisión, que tomaron por unanimidade de tres forzas que a compoñen, o que dá idea da grande compenetración que teñen entre PP, PSOE e En Marea.

Na miña opinión a prioridade da Mesa debería ser dar trámite urxente a aquelas iniciativas que sirvan para mellorar a calidade de vida das galegas e galegos, como pode ser o Plan Retorna do BNG, enfocada á mocidade emigrada. Porén a primeira iniciativa de “calado” que tomou a “Gran Coalición do Hórreo” foi a de apartar ás deputadas e deputados nacionalistas.

Pero a “preocupacións” de En Marea non se quedan só nos despachos, a “xente normal” que entrou no Parlamento ten como máxima preocupación dispoñer de condutores e asesores para levar a cabo a súa axenda política. E menos mal que son “xente normal”, xente do común, chegan a ser casta e non hai orzamento do Parlamento que chegue.

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.