Os doutores de Compostela Aberta

17424923395_3166b61b03_h

Hai anos tiven un compañeiro de traballo que cando un ente superior, normalmente o xefe, cambiaba as normas da empresa en función de non se sabe que criterios, el sempre exclamaba “doutores ten a igrexa”. Algo polo estilo ocorre en Compostela Aberta.

Hai apenas ano e medio esta organización política, vinculada a Podemos e a En Marea, presentábase perante o electorado como os inmaculados (non confundir cos de Xogo de Tronos), limpos de po é palla, e cuxas elevadas esixencias éticas estaban moi por enriba de todos os demais mortais. Como todos e todas sabedes o éxito de Compostela Aberta nas eleccións municipais foi incontestábel.

Porén, só fixo falta que a Compostela Aberta lle aparecera o primeiro imputado para que esas normas escritas e publicitadas ad nauseam sexan reinterpretadas polos doutores e doutoras desta organización política.

O punto 3.7 do seu “código ético” é claro ao respecto e non deixa lugar a dúbidas ao indicar explicitamente o “Compromiso de renuncia ou cesamento de forma inmediata de todos os cargos, ante a imputación pola xudicatura de delitos relacionados con corrupción, prevaricación con ánimo de lucro, tráfico de influencias, enriquecemento inxusto con recursos públicos ou privados, suborno, malversación e apropiación de fondos públicos, ben sexa por interese propio ou para favorecer a terceiras persoas.” Neste sentido, Jorge Duarte, concelleiro de Compostela Aberta debería dimitir. Non o digo eu, así o reflicte o seu código ético.

Segundo indican os medios de comunicación, este concelleiro paralizou expedientes de sanción contra os locais de copas dos amigos, e iso, xuridicamente é prevaricación e tráfico de influencias para beneficiar a terceiras persoas. Evidentemente, pasadas as eleccións Compostela Aberta interpreta outra cousa e non esixe a dimisión deste concelleiro, cando esta organización baseou a súa campaña electoral na rexeneración política, e agora vese claramente que non hai tal.

De todos os xeitos eu son da opinión de que unha persoa imputada (que non procesada) ou investigada, como lle chaman agora, non debería dimitir. Todo o mundo é inocente até que se demostra o contrario, non ao revés. E os xulgados están cheos de políticos imputados por corrupción -que non procesados- que levan anos nesta situación, rematando por completo a súa carreira política por un delito que, de momento, ningún xulgado dixo que cometeran e polo tanto son inocentes até que se demostre o contrario.

Pero, como no caso de Compostela Aberta, outra cousa son as esixencias públicas e publicitadas, así como as promesas electorais dos partidos políticos. Se a xente do común ten unha opinión negativa da política, non é pola corrupción, é porque hai políticos din unha cousa e fan a contraria, como neste caso.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s