Que une a PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos en Pontevedra?

Até onde eu sei, a situación que se está a vivir en Pontevedra é inédita en Galiza. Que a oposición en bloque emende os orzamentos dun goberno en minoría é algo que por estes lares aínda non se viu. Por que non estamos a falar de que os catro partidos políticos voten en contra dos orzamentos do BNG por distintas razóns, cada quen a súa. Non. O que vimos a semana pasada é que PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos presentaron as súas respectivas emendas aos orzamentos do goberno de Lores e apoiáronse mutuamente para aprobalas ao estar o goberno en minoría. Así, partidos como En Marea, a priori sensíbeis co tema da lingua e da cultura (o portavoz é escritor), eliminan case todas as partidas de normalización lingüística e da cultura, así como da compostaxe e de do PXOM, cuxa aprobación implicaría a consolidación de ENCE e ELNOSA en Lourizán. Un “orgullo” de emendas segundo explicou Luís Villares, portavoz parlamentar de En Marea.

Semellante esperpento non podía ter como resultado uns orzamentos equilibrados; de feito tan mal emendados están que até os servizos xurídicos do concello “impugnaron a convocatoria do pleno” no que se ía tratar o orzamento aprobado po PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos. Resumindo: unha chapuza.

Así as cousas, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, fixo o que tiña que facer: retirar o asunto da orde do día e presentar os orzamentos do goberno no pleno do 23D, vinculándoo a unha moción de confianza, que moi probabelmente non pase, pero daralle a oportunidade aos catro partidos a presentar unha moción de censura e aprobar os orzamentos que estimen oportuno. En boa lóxica, se se poñen de acordo en emendar uns orzamentos, tamén se poderán poñer de acordo en gobernar xuntos; pero iso xa se verá.

Pero non pensedes que o de Pontevedra é un caso illado. Unha situación parecida estase a dar en Fene. Concello tamén gobernado en minoría polo BNG, co apoio de Esquerda Unida, ten en fronte a PP, PSOE e Somos Fene, que forma parte tamén de En Marea, que ameazan publicamente con presentar unha moción de censura ao alcalde nacionalista.

Pero que é o que une a catro partidos teoricamente tan distantes? Está claro que o seu antinacionalismo é moito máis forte que as diferenzas ideolóxicas que poidan ter, mesmo en partidos con En Marea, a priori achegados ao galeguismo.

Non sei en que desembocará a situación de Pontevedra e Fene, pero o que está claro é que episodios como estes axudan a clarificarse a moita xente. Os que non seu día clamaban “todos contra o PP”, como no caso de En Marea-Podemos, claman e practican agora o “todos contra o BNG”, deixando ben claro cales son as súas prioridades e o quen é o seu inimigo político e ideolóxico, o nacionalismo.

 

Foto: Pontevedraviva.com

 

 

One thought on “Que une a PP, PSOE, En Marea e Ciudadanos en Pontevedra?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s