Likes do “Máis Alá”

A unha das candidaturas que compiten por facerse co control de En Marea fóiselle a man na rede, concretamente en Twitter. Para parecer máis populares nesta rede e así poñer contra as cordas aos seus adversarios, as cabezas pensantes desta candidatura non se lle ocorreu outra cousa que comprar “Likes” (gústames) nesta rede social, unha estratexia á que parece que se apuntou tamén o deputado no Parlamento Galego, Antón Sánchez.

Non hai máis que ollar algunha publicación do usuario de Twitter de Máis Alá ou do deputado anteriormente citado para decartármonos do engano cometido, onde aparecen, efectivamente, usuarios reais, pero tamén usuarios que son ficticios, usuarios que non se corresponden con ninguén real, en definitiva, un programa informático tanto dá “like” a Máis Alá como comparten un vídeo dun par de fumados.

O certo é que se estás moi desesperado por dar a sensación de ser moi popular en Twitter e polo tanto simular que tes o apoio da militancia, unha maneira rápida e barata de conseguir notoriedade é comprando “Likes”, cousa que se pode facer moi facilmente na rede xa que hai centos de servizos deste tipo.

O problema é que se te descobren, como fixo Troleada Galega, quedas en moi lugar cos teus, es obxectivo de escarnio por parte de todas e todos e o que é peor, demostras que es un tramposo, e iso en política é moi mala cousa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.