Nin Pornolab é unha web porno nin facía falta ir a Madrid a buscar talentos


El Correo Gallego abre a súa edición coa noticia de que o concello de Santiago de Compostela contratou a un talento madrileño que impulsou webs de contido pornográfico para xestionar o “Matadoiro Compostela”, que dirixe diversos proxectos creativos ou sociais, como indica na súa web.

Segundo este medio de comunicación a persoa que xestiona este proxecto, David Rodríguez, foi o impulsor de web de contido pornográfico, Pornolab. Unha ollada ao Internet Archive demostra que esta web non pode ser catalogada como pornográfica strito sensu. No pouco que se pode ver no Internet Archive vemos que os contidos non son para todos os públicos, pero iso non quere dicir que sexa pornográfico ou que atente contra dignidade da muller. Iso si, a web Pornolab é transgresora e desde o meu punto de vista os contidos son de dubidoso gusto, pero vaia…

O que non comparto en absoluto é a teima da nova política galega en buscar referentes e talentos fóra do noso país, como se aquí non tivésemos persoas que podían desenvolver con éxito un proxecto deste tipo. Pero iso, curiosamente non o critica El Correo Gallego, como tampouco as reiteradas contratacións a dedo de Compostela Aberta, un tema que xa comentei noutra ocasión.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s