O que non che contan sobre a política migratoria de Trump

Nos últimos días anda todo o mundo falando da orde executiva de Donald Trump que prohibía a entrada en Estados Unidos de persoas de Irak, Siria, Irán, Sudán, Libia, Somalia e Yemén. O que non din os medios de comunicación masivos é que unha orde executiva semellante xa leva en vigor desde 2015 e actualizada en 2016 coa inclusión dos tres últimos países citados anteriormente. É dicir, que se aos cidadáns destes países non lles deixan entrar na “Terra das liberdades” non é só por Trump, senón por Obama, que se indigna hipocritamente desde o seu retiro dourado de Washington.

Pero a orde executiva de Trump aínda vai máis alá, xa que prohibe explicitamente a entrada de persoas que exerceran calquera forma de violencia contra as mulleres ou a persecución relixiosa, cuestións estas curiosamente omitidas polos medios de comunicación masivos, pero que se fose un presidente “simpático” ao statu quo, como o era Obama, serían uns dos detalles que seguramente máis destacarían para vendernos as “bondades” desta restrición á circulación de persoas.

O muro de México está ben dependendo de quen o faga
Outra das cuestións que suscita moita polémica nas escasas dúas semanas que leva Trump na Casa Branca é a do muro fronteirizo con México. Xa dixen noutra ocasión que o citado muro xa existe desde 1996, e foi impulsado por Bill Clinton; Trump, e en todo caso, ampliarao, pero o que non se pode facer é construír algo que xa está feito. Mais os medios de comunicación nin citan este detalle, ao contrario, en 2014 o muro era algo bo e positivo para Estados Unidos tal e como podemos ver na canle norteamericana en español, Univisivión.

En resumo, que Donald Trump non está facendo na extraordinario, é dicir, non está facendo nada que non fixeran antes presidentes “progres” como Bill Clinton ou Obama, que como acabamos ver tamén violaban os dereitos humanos. Sen embargo, o que si está claro é que Trump non goza das simpatías do stablishment, e a guerra mediática aberta contra el ten un obxectivo, condicionar a política económica do novo goberno, nada proclive á globalización. No actual contexto poden pasar dúas cousas: que Donald Trump ceda ou que siga adiante coa súa política económica, que é o que realmente preocupa ao statu quo. Se é esta última opción, teño claro que Trump non acaba os seus catro anos de mandato.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.