En Marea: a procesión dos caladiños versión rupturista 2.0

Logo de que o BNG perdera as súas deputadas en Madrid, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, En Marea estaba chamada a ser a “voz de Galiza” na capital do Estado. Sen embargo, perfectamente instalados na grupo de Unidos Podemos, En Marea non existe nin ten voz propia, totalmente eclipsada polos líderes morados de Podemos.

Pero se é grave que non sexan quen de ter personalidade propia no medio de tantos “machos alfa”, En Marea non só carece de iniciativa política para ser a voceira dos problemas dos galegos e galegas, senón que chegan ao esperpento de interesarse máis polos problemas de Madrid ou Burgos, por poñer dous exemplos que podedes ver a continuación.

En definitiva, querían ser diferentes, pero desde a miña perspectiva de galego e nacionalista, son o mesmo que PP e PSOE, son a versión “rupturista” da procesión dos caladiños que tanto dano fixeron a este país, até que chegou o BNG en 1996. Abofé que terá que volver, porque senón estamos apañados.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.