Trump: un novato imprudente que cae na trampa do Estado Islámico

En La Voz de Galicia de hoxe sae un artigo de opinión bastante interesante, que bota luz sobre as consecuencias do bombardeo de Estados Unidos sobre territorio Sirio.

Segundo este artigo hai serias dúbidas de que fora o goberno de Siria o que utilizara armas químicas contra o seu propio pobo. De feito, Al-Assad vai gañando a guerra que dura xa seis anos. De utilizalas tiña moito máis que perder, xa que botaríaselle enriba a comunidade internacional, arriscándose a que os poucos aliados que lle quedan, especialmente Rusia, deixaran de apoialo.

Por outra parte, o Estado Islámico ten armas químicas. Non é a primeira vez que as utiliza. Polo tanto non é raro pensar que o ataque químico de Jan Sheijún de hai uns días, sexa obra, por acción ou por omisión, do Estado Islámico. Desde logo son capaces diso e de moito máis, co apoio cómplice das potencias que desde hai seis anos teiman en botar abaixo o goberno de Al-Assad.

Trump cae na trampa de xeito imprudente, apurado polas críticas internas e pola inexperiencia política, bombardeando Siria para castigar aos “malos”. E faino logo de anunciar meses atrás a plena colaboración co Rusia para liquidar o ISIS deSiria.

Non quero exculpar ao presidente dos Estados Unidos. Todos teñen os seus respectivos currículos cheos todo tipo de agresións a países soberanos. Pero o peor de todo é que agora a chave dunha posíbel confrontación entre Estados Unidos e Rusia está en mans do Estado Islámico, e iso pode ter consecuencias impredecíbeis. Estamos a falar de palabras maiores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s