O #MariscoBaratísimo de Ramón Espinar

C9cgCMXWsAAvY4BRamón Espinar é senador de Podemos pola circunscrición de Madrid e máximo responsábel orgánico da organización morada na comunidade da metrópole. Anda estes días por Galiza e como todo madrileño que se prece pegouse unha mariscada. Até aí todo normal, é o habitual.

O que xa mosquea, vindo ademais dun representante público, é presumir de que aquí o marisco é “baratísimo“, cousa que non é certa, porque non está ao alcance de todos os petos. O del seguramente si, porque o que cobra do Senado (2.813,91 de soldo, máis 2.667,48 de complemento por ser portavoz), efectivamente a percepción que ten Ramón Espinar do prezo do marisco é ben diferente da que teño eu por exemplo, xa non digamos das persoas que acoden aos comedores sociais.

Mais o peor de todo é esa percepción que teñen os da capital do pequeno imperio, que ven Galiza como a súa despensa particular, -baratísima segundo eles- á que acoden en canto abandonan as áridas terras da Meseta. Doe especialmente esa visión de ganga dos nosos recursos naturais, habendo como hai un duro traballo de homes e mulleres, que se parten o lombo para que este novo rico madrileño teña a ben saciar os seu apetito culinario. Mais non só se parten o lombo, outros morren nas rochas, como Paco Souto, para traer ás lonxas os ricos produtos do noso mar.

En fin. Que os de Podemos viñan para facer un mundo máis xusto e non sei cantas cousas máis. É evidente que o non conseguiron arranxar os problemas da xente, e iso que gobernan camufladamente en concellos importantes. O que si conseguiron é que a xente arranxe os seus problemas. O de Ramón Espinar desde logo; pertencía ao colectivo Jóvenes sin Futuro, asociación que se disolveu cando el e os seus xa tiñan un cargo público ao que agarrarse e os demais que se busquen a vida.

Resumindo: nada novo baixo o sol.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s