Entendendo a guerra de Siria

Non hai guerra que non responda a motivacións económicas. E a de Siria é unha máis de tantas.

Que un país teña recursos enerxéticos é unha bendición da natureza, que lle permite ser autosufienciente e xerar riqueza para o benestar do pobo. Estar no medio, non só xeograficamente, senón no centro dos intereses económicos e xeoestratéxicos das grandes potencias é un verdadeiro problema. Iso é o que lle pasa a Siria, está no medio dos intereses da Unión Europea, Rusia, Estados Unidos, Turquía e os países do Golfo Pérsico, Arabia Saudita e Qatar, principalmente.

A Unión Europea, en especial a parte leste (Alemaña principalmente) está sedenta de gas natural, e ten como única provedora a Rusia. A alternativa pasa por buscar un novo provedor para reducir a dependencia con Putin e esa alternativa está -como non- no Golfo Pérsico, principalmente Qatar e Irán, que entre os dous teñen as maiores reservas de gas natural do mundo.

En 2009 o reino catarí pon enriba da mesa a construción dun gasoducto que pasaría por Arabia Saudí, Xordania, Siria e Turquía, porta de enlace coa Unión Europea. Al Assad, o presidente sirio, rexeita a proposta, seguramente presionado por Rusia, que ten neste país a base militar de Tartus, a única saída ao mar Mediterráneo do xigante ruso. Se se chega a construír o gasoducto proposto por Qatar, Rusia vería perigar as súas vendas de gas á Unión Europea, un filón do que non se quere desprender. Para a Unión Europea, en cambio sería perfecto, pois permitiríalle ter unha alternativa ao gas ruso, e Turquía tería o mando da billa na súa man. Como se pode ver, moitos intereses, que economicamente suporía uns beneficios de 716.000 millóns de dólares, segundo apunta El País, uns beneficios astronómicos que se repartirían empresas como Texaco, BP, Shell, etc.

En 2010 Irán entra en escena cunha proposta de gasoducto que uniría este país, Irak e Siria. Esta proposta si é do gusto de Al-Assad e Rusia, pero non de Turquía, Estados Unidos Reino Unido e os emiratos, que se lanzan a unha campaña desestabilizadora adornada de revolución primaveral, armando, adestrando e financiando a mercenarios de todo o mundo para apartar do goberno ao presidente de Siria e colocar no sitio un presidente máis proclive aos intereses de occidente. Eses mercenarios pagados por Reino Unido, os Emiratos e Estados Unidos, tal e como recoñece Hillary Clinton, dexeneran no que se coñece como Estado Islámico, útil para combater e desestabilizar Siria e útil en occidente para xerar o terror e o pánico entre a xente para que vexan con bos ollos unha intervención máis directa de occidente na guerra de Siria.

Pois isto é o que se coce realmente en Siria. Esquecede os dereitos humanos, os gases químicos, … iso é a escusa para torcer a vontade dun país soberano, que pode acabar como Irak ou pode acabar nunha guerra aínda máis grande, porque está claro que aquí ninguén dará o brazo a torcer.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s