A sorpresa nas eleccións francesas non será Marine Le Pen, será Mélenchon

No Estado español, os tertulianos, os medios de comunicación en xeral, falan de Marine Le Pen, e dos efectos dunha vitoria electoral nas eleccións deste domingo. Teño que confesar que non estou moi posto nas propostas programáticas dos principais candidatos á presidencia da república francesa, e mesmo tiña dúbidas de quen eran exactamente, así que non podo dar a miña opinión de quen pode gañar as eleccións e pasar a unha segunda volta.

Sen embargo, tirei do Google Trends para ver como estaban as búsquedas dos distintos candidatos en Google, e segundo este baremo a sorpresa nas eleccións francesas será Jean-Luc Mélenchon, seguido de Emmanuel Macron, e non Marine Le Pen. A continuación podes ver a gráfica co resultado de Google Trends dos últimos 90 días en Francia.

 

google-trends-franciaGoogle Trends non é o oráculo de Delphos, pero pode dar unha idea de como está o panorama. O que está claro que é que se Jean-Luc Mélenchon está provocando moitas búsquedas en Google, o que indica claramente que hai moito interese neste candidato de esquerdas. Que ese interese na rede se traslade ás eleccións do domingo estará por ver, pero o dato de Google Trends aí queda, e desde logo é máis fiábel que as enquisas, que ultimamente non dan unha.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s