O PP solta lastre e fai limpeza

Durante a particular semana de pasión do PP producíronse unhas declaracións de Rajoy, que no seu momento parecéronme raras, como descontextualizadas. O presidente do PP chamaba á “unidade” após as detencións e imputacións no marco da Operación Lenzo, que levou á cadea a Ignacio González, expresidente da comunidade madrileña e íntimo de Esperanza Aguirre.

Hai xa case un ano Cristina Cifuentes, presidenta da comunidade de Madrid, enviou un dosier á fiscalía coa xestión do Canal de Isabel II, información que involucraba directamente ao seu antecesor e compañeiro de filas Ignacio González. O desenlace vémolo agora coas detencións xa citadas, así como as imputacións de Villar Mir e altos cargos de OHL, empresa involucrada no saqueo da empresa pública madrileña que sacaba como contrapartida suculentos contratos e concesións públicas, das que Feijóo pode dar boa conta.

Pasados os días entendo mellor as palabras do presidente Goberno central. O PP está soltando lastre, está apartando das súas filas as mazás podres ou, cando menos, aquelas que pintan mal diante dos focos. Ignacio González está podre e había que apartalo, pero a peza que interesaba era Esperanza Aguirre, que dimitiu hoxe como concelleira de Madrid, desaparecendo así da primeira liña política.

O PP está soltando lastre, está limpando a casa, o único que queda da vella garda é Rajoy, que aguanta alleo a toda presión, a pesar de que ten que comparecer como testemuña no xuízo do caso Gürtel e a pesar de aparecer sinalado nos papeis de Bárcenas de cobros en B.

Evidentemente o PP non poderá facer limpeza a fondo, non só pola permanencia de Rajoy na primeirísima liña, senón, porque é un partido que ten na corrupción a súa forma de ser e de existir, xa que representa como poucos ao propio sistema capitalista, que é sinónimo de corrupción.

Mais, en todo caso, mantede a calma, o PP non vai desaparecer, simplemente está limpando a casa. As eleccións máis próximas son as Municipais e non serán até dentro de dous anos. E xa sabemos como é a memoria selectiva do electorado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.