A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

O goberno de Mariano Rajoy merece ser desaloxado da Moncloa ipso facto. Non só polas políticas liberais que leva a cabo, senón pola corrupción sistémica do seu partido que enlama todo o que toca. Rajoy está deslexitimado para gobernar.

Agora ben, Podemos, que acaba de anunciar a presentación dunha moción de censura a ese goberno, está deslexitimado para presentala. Pablo Iglesias pide o apoio ao PSOE, que presentou no seu día un candidato alternativo a Rajoy, pero os do partido morado votaron en contra. Tamén pide o apoio de Ciudadanos, aos que vetou porque disque eran a marca branca do PP, imposibilitando así un goberno distinto ao de Mariano Rajoy no seu momento, que enviaría aos conservadores ás bancadas da oposición. Puido ser, pero non foi, porque Podemos non quixo.

Mariano Rajoy merece unha moción de censura, pero moralmente Podemos está inhabilitado para facela. Mais, Podemos non presenta unha moción de censura contra Rajoy, faino contra o PSOE. 

A verdadeira obsesión de Pablo Iglesias é pasarlle por diante ao partido que agora busca o seu líder nas primarias do mes de maio. De aí a mala fe deste anuncio que busca erosionar ao seu rival político directo que é o PSOE, que, dependendo de quen sexa o novo secretario xeral, pode darlle un revulsivo ao partido da rosa, o que podería non sentarlle ben a Podemos, xa que comparten base electoral.

De todos os xeitos, apoie ou non o PSOE esta moción de censura, o resultado deste anuncio non traerá cambio algún no goberno do Estado, porque sen Ciudadanos non hai nada que facer.

2 opiniones sobre “A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

  1. OPORTUNISMO CINICO- POLITICO DE PODREIROS PARA MONTAR O CIRCO, O QUE TIÑAN QUE PEDIR E A RECUSACIÓN DO GOBERNO DE CERTOS MINISTROS COMO O DE XUSTIZA E O DO INTERIOR, E CLARO AQUI NON EXISTE MOCIÓN DE CENSURA SINON VAI ACOMPAÑA DE FORMACIÓN DE GOBERNO E NIN SE PROPOÑEN ELES MESMOS, SIGUEN A RIRSE DA XENTE OS CANS ESTES DO PODREIRO – PUDIMOS NON POIDO (PODREIROS) SI ERA TAN NECESARIO, O DE SACAR O PePeiro LADRON E CRIMINAL DO GOBERNO DO ESTADO TIÑAN A POSIBILIDAD DE APOIAR O DO p$oe PERICO DE SANCHEZ E NON O FIXERON AGORA CON ISA MOCIÓN O UNICO QUE PRETENDEN E REFORZAR O PEPEIRO… E O QUE VAN CONSEGUIR, E DIN QUE ESTA XENTE ESTUDIO POLITICAS… PODREIROS MERDEIROS EXPAÑOPALETOS, EXPAÑOLENTOS… CANCRO DA GALIZA

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.