Travolta Villares

Parece ser que Podemos pediu unha reunión a “Jueces para la democracia” no marco da campaña que o partido de Pablo Iglesias está realizando para recoller apoios sociais e políticos para a súa moción de censura a Rajoy.

Preguntado o portavoz de En Marea, Luís Villares, por tal asunto, respondía o domingo 30 de abril que “as asociacións xudiciais non están para asesorar os partidos en mocións de censura”. E engadía que “unha asociación xudicial ten que emitir o seu parecer sobre asuntos que teñan a ver co propio Poder Xudicial”. Até aquí todo correcto.

Visto é que desde Madrid léronlle a cartilla e onte mesmo dicía todo o contrario, que é “unha aposta sempre oportuna”, a pesar de que o dous días antes dicía que “sobraba” a petición de reunión.

Luís Villares é como o gif animado de John Travolta, sacado da película Pulp Fiction. O pobre non sabe que facer nin que dicir se non lle mandan as instrucións de Madrid. Vamos, igualiño que as sucursais de PP e PSOE, o que demostra que En Marea non é unha organización autónoma, é unha extensión de Podemos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s