Non é o terrorismo, é o gas natural

Non hai moitas semanas daba conta dos motivos reais que impulsaron a Guerra de Siria, que basicamente se centraban nunha única cousa, o gas natural do Golfo Pérsico, en mans de Catar e Irán e os seus problemas para distribuílo.

Pois o gas natural é -outra vez- o motivo que se agocha detrás da rotura de relacións e bloqueo que os principais países do Golfo, con Arabia Saudita á cabeza, están sometendo a o pequeno, pero rico, estado catarí. Este bloqueo vén logo da visita que Donald Trump fixo ao xigante de Arabia e da sinatura dun contrato por 110.000 millóns de dólares en armamento entre ambos países. Todo moi casual.

O problema é que Catar deixou de ser un país vasallo dos países do Golfo e, como estado soberano que é decidiu buscarse aliados (Rusia, Irán e Turquía principalmente) para dar saída a súa inmensa riqueza. Isto non gustou aos veciños da península, en concreto de Arabia, que necesita o gas natural de Catar.

Evidentemente o terrorismo é a escusa perfecta en plena psicose colectiva a conta do Estado Islámico. Catar en todo caso non fixo nada que non fixeran os demais países do Golfo, alimentar a besta do DAESH, que tanto reivindica un ataque en Manchester como en Filipinas, a pesar de que non haber conexión orgánica nin loxística algunha entre os presuntos terroristas coa casa matriz. É a nova forma de terrorismo que puxo en marcha Al Qaeda, moito máis versátil e manipulábel.

Mais, en plena histeria colectiva por mor deste terrorismo líquido, non haberá manifestacións contra unha guerra que xa se albisca no horizonte. Polo de pronto, Turquía xa anunciou o envío de tropas a Catar para protexer os seus intereses neste pequeno estado. Isto acaba de empezar pero habendo como hai miles de millóns en xogo a cousa non pode rematar ben.

Nota final: É mellor que o FC Barcelona empece a buscar outro patrocinador.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s