O referendo catalán e o funambulismo político

Se a política fora un circo, o funambulismo sería o espectáculo rei; non cabe dúbida. Nos últimos días estamos vendo como se posiciona a política rupturista a respecto do referendo catalán do 1 de outubro, e o espectáculo non pode ser máis bochornoso. Así por exemplo, mentres Podemos Catalunya chama a participar no referendo, a central desta organización en España di todo o contrario, que a xente non participe, que non hai garantías; mais nun pinchacarneiro imposíbel, din, con toda a cara, que eles están polo dereito a decidir.

Efectivamente, o referendo catalán non ten garantías legais. Non as pode ter porque o marco xurídico español non contempla o dereito de autodeterminación. Neste sentido, só caben dúas opcións, tirar para adiante como está a facer o goberno catalán ou agardar a que España faga unha reforma constitucional que contemple o dereito de autodeterminación e polo tanto permita os referendos. Evidentemente vendo a composición do actual marco parlamentario, unha reforma constitución que contemple isto último é a día de hoxe imposíbel, e polo tanto prometer un refendo con garantías sen reforma constitucional como promete Podemos é unha estafa, é enganar á xente.

Ao longo da historia vivíronse distintos procesos revolucionarios que transformaron a sociedade. Todos -absolutamente todos- fixéronse sen garantías legais de ningún tipo. Por algo se chama revolucións. O 1 de outubro Catalunya vivirá un proceso revolucionario. Hai organizacións que están a favor de facer a revolución e hainas que están en contra. Situarse no medio de ambas as dúas barricadas é lexítimo, mais ao final acábalas levando, duns e doutros, e a indefinición política acábase pagando electoralmente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s