Ingredientes para unha manipulación perfecta: funcionarios e BNG

Unha noticia pode presentarse de moitos xeitos. Segundo sexa a redacción a interpretación que se faga dun asunto pode ser radicalmente diferente. Así, na noticia sobre a modificación do complemento de produtividade do concello de Ponteareas, non é o mesmo dicir que se paga por ir traballar, como indican medios de todo tipo, desde de extrema dereita como o o que ligo, como os progres como La Sexta, que dicir que se corrixe a discrecionalidade do complemento de produtividade vixente até hai uns días, ademais de evitar que cobren o plus traballadores de baixa médica. Como se ve, a cousa cambia moito.

Mais en toda esta polémica, desde o meu punto de vista ficticia, xúntanse varios ingredientes para termos unha manipulación informativa perfecta. Por unha banda están os funcionarios e funcionarias, branco de todas as iras por ter garantido un posto de traballo e un salario dignos, o que contrasta coa precariedade laboral da maior parte da clase traballadoras, especialmente a xente máis nova. E entre esas voces que denuncian os “privilexios” do funcionariado atópase boa parte da clase traballadora que pensa que a igualdade só se consegue agachándose para que os que están máis abaixo pensen que están á altura, como moi ben denunciou o articulista Manuel Jabois nun recente artigo en El País. Por desgraza este discurso de corte neoliberal cala moi fondo na clase traballadora como tamén se pode comprobar no caso que nos ocupa.

E por outra banda está o BNG, o protagonista por excelencia de toda clase de manipulacións informativas. Mover o statu quo non é doado, o bipartito da Xunta de Galiza sábeo ben, e nen sequera nun concello como Ponteareas é doado remover as vellas e caducas estruturas caciquís, onde gobernou o PP durante moitos anos.

Por iso, a pesar de que informativamente semella que todas as noticias están feitas polo mesmo redactor, independentemente do medio de que se trate, cómpre estar máis alerta que nunca e sempre, sempre, acudir á fonte da noticia, e deixar de lado as interpretación interesadas que o único que buscan é que nada cambie.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s