Moncloa, tedes un problema!

O sábado 19 de agosto pola mañá o ministro de Interior, Juan Antonio Zoido, daba por desarticulada a célula terrorista dos atentados de Barcelona e Cambrils. Ese mesmo día, os Mossos contradicían a versión do Ministro, e dous días máis tarde, o luns 21, mataban a tiros a Younes Abouyaaqoub en Subirats.

Este suceso, que se saldou como se fose un mal entendido, evidenciou dúas cousas: que quen estaban ao mando das investigacións, e con éxito, eran os Mossos d’Esquadra, polo tanto o goberno da Generalitat. E en segundo lugar, evidenciaba que quen estaba fóra de xogo, de aí o patinazo do Ministro froito da improvisación e da procura dun protagonismo que se lle escapaba a cada minuto, era o Goberno central, que tentou capitalizar e instrumentalizar desde o minuto un o atentado terrorista de Barcelona e Cambrils con contínuas chamadas á “unidade”.

O éxito sen paliativos dos Mossos, outra cousas son os métodos para “deter” terroristas que non comparto en absoluto, fai que a os sindicatos da Policía e da Garda Civil eleven unha patética queixa por sentirse excluídos da investigación, a pesar de que o Goberno central, eloxiaba, por outra banda, a cooperación e a unidade fronte ao terrorismo.

É evidente que o plan do Goberno central para instrumentalizar e capitalizar o atentado non funcionou, ás chamadas á “unidade” por parte de todos os partidos e autoridades españolas baixo o paraugas de Felipe VI, non deu o resultado previsto, e o que é peor para o unionismo, evidenciou a nivel internacional que Catalunya xa é maior e pode valerse por si propia, tal e como reflectiron os editoriais de The Wall Street Journal e o Frankfurter Allgemeine Zeitung, o que sen dúbida non sentou nada ben na Moncloa, na Zarzuela e no IBEX35.

Mais o que realmente preocupa ao Goberno Central do PP non son un par de artículos na prensa internacional, senón as repercusións que pode ter o atentado no pobo catalán, vista a solvencia con que resolveu a Generalitat  un problema como o vivido do día 17 de agosto.

Sen dúbida as alarmas están acendidas na Moncloa. O Plan A de non facer nada de cara a galería, pero utilizando a xustiza para paralizar o proceso de indenpencia, xa se amosa inútil para frear o referendo do día 1 de outubro. Rajoy terá que pasar ao Plan B, o exército coa escusa do terrorismo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s