Que non ten enganen, non é posíbel un referendo con garantías

A Constitución fundaméntase na indivisolúbel unidade da Nación española”. Con este artigo na man da “Carta Magna”española non hai “garantías” (nin políticas nin legais) que valan para celebrar ningún referendo de autodeterminación, como defenden Podemos e as súas distintas marcas políticas.

Outra cousa é que se modificase a Constitución e se eliminase este artigo do Título Preliminar, entre outras modificación e engadidos. Mais a día de hoxe iso é im-po-sí-bel. Por que? Porque para facer a revisión do Título Preliminar da Constitución española require o apoio de 2/3 do Congreso e do Senado (233 deputados e 177 senadores). É dicir, que para aprobar a revisión do Título Preliminar até farían falta unha parte dos votos do PP, supoñendo que PSOE e Ciudadanos tamén estean pola labor. Vamos, unha quimera!

Por iso, cando escoites falar a Podemos e compañía de “garantías” para celebrar o referendo de autodeterminación de Catalunya, pensa simplemente que te están enganando co claro obxectivo de manter o statu quo, de manter o Réxime do 78, que tanto din combater.

Por iso, o camiño que está a impulsar o Parlament de Catalunya está cheo de obstáculos e dificultades, mais é o correcto; a vontade dun pobo non pode agardar por un cambio político no Estado que vaia máis alá dunha simple alternancia. É máis, o cambio político no Estado pode ser posíbel grazas ao referendo de Catalunya.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s