Por que Catalunya non declara a independencia?

Despois da celebración do referendo de autodeterminación do 1 de outubro, o momento clave para Catalunya era a proclamación da independencia, que, segundo a lei aprobada polo Parlament, tería que ser en pleno e votada polos deputados e deputadas. Ese día era o 10 de outubro, mais ese día nin houbo votación nin houbo proclamación,…… Seguir lendo Por que Catalunya non declara a independencia?

O 155 e o machismo español

Os líderes políticos dos partidos españois, entre eles Pedro Sánchez, repiten como un mantra que a aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya depende en exclusiva de Puigdemont e dos partidos independentistas, deixando entrever que eles, os españois, non queren aplicalo, pero non lles queda outra se queren restaurar a (súa) legalidade. Isto recórdame…… Seguir lendo O 155 e o machismo español

O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O vídeo Help Catalonia fíxose viral nas redes sociais. Non hai medio que non fale del. Podo entender os motivos que suscitaron a edición deste vídeo. Catalunya sempre mirou a Europa e Europa sempre mirou para eles. Mais pinchan en óso. A Unión Europea non está pola labor de botar unha man ao pobo de…… Seguir lendo O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O problema non é o PP, é España

Recoñezo na miña inxenuidade que agardaba outra cousa do discurso de Felipe VI. Agardaba que dentro da chamada lóxica, desde o seu punto vista, á legalidade, tivese tamén palabras de alento para as persoas represaliadas o pasado domingo en Catalunya polo simple feito de querer votar, tendendo pontes cara unha sociedade que neses intres ocupaba…… Seguir lendo O problema non é o PP, é España

Ola ditadura

O Estado español nunca foi un estado democrático. Desde a morte do Ditador, Francisco Franco, dotouse dunhas estruturas para que nada mudara, para que todo seguise “atado y bien atado”. Así aguantou dese 1975 até hoxe 1 de outubro 2017, que caeu o manto democrático con que tapaba o seu verdadeiro rostro autoritario e antidemocrático,…… Seguir lendo Ola ditadura