Ola ditadura

O Estado español nunca foi un estado democrático. Desde a morte do Ditador, Francisco Franco, dotouse dunhas estruturas para que nada mudara, para que todo seguise “atado y bien atado”. Así aguantou dese 1975 até hoxe 1 de outubro 2017, que caeu o manto democrático con que tapaba o seu verdadeiro rostro autoritario e antidemocrático, ante o silencio atronador das máis altas instancias europeas que calan e consenten, porque en realidade comparten o modelo do Estado español.

Catalunya xa ganou; por méritos propios. Levaban moitos anos preparando este momento, seguramente desde aquel día no que o Congreso e o Tribunal Constitucional pasaron a desbrozadora a un Estatut aprobado polo Parlament e en referendo polos cataláns e catalás. Enfronte tiñan non só un goberno, senón todo un aparato político-xudicial-represesor aos servizo dunha España que construíron con mentiras e manipulacións históricas e xestas deportivas de pequeno alcalce, que amosou a súa verdadeira cara nas últimas semanas pechando webs, Apps, requisando urnas e papeletas, algo inédito en calquera democracia de occidente.

Hoxe 1 de outubro quedou claro que o Franquismo non morreu con Franco aquel 20 de novembro de 1975, segue latente nunha parte importante da sociedade española. Non hai máis que ver os cánticos de onte na Praza de Cibeles de Madrid, onde un nutrido grupo de persoas, entre elas xente moi nova, cantaban o Cara El Sol ou el “A por ellos” mentres despedían os axentes da Garda Civil e a Policía que hoxe reprimen con forza a un pobo armado de papeletas para exercer o dereito a decidir o seu futuro.

Catalunya xa gañou, porque purgou dunha vez por todas o fascismo. Xa nada será igual en Catalunya a partir de mañá. O PP, que xa era neste país unha forza política residual, quedará reducida á mínima expresión. O problema é que ao resto quédanos a ditadura. Haberá que ver se Galiza é quen de purgar tamén o fascismo. A nosa lingua, a nosa cultura, Galiza como suxeito político, depende de que sexamos quen de dar Un Paso Adiante.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s