O problema non é o PP, é España

Recoñezo na miña inxenuidade que agardaba outra cousa do discurso de Felipe VI. Agardaba que dentro da chamada lóxica, desde o seu punto vista, á legalidade, tivese tamén palabras de alento para as persoas represaliadas o pasado domingo en Catalunya polo simple feito de querer votar, tendendo pontes cara unha sociedade que neses intres ocupaba masivamente as rúas protestando polas cargas policiais, unha mostra de dignidade colectiva sen precedentes.

Mais non. O discurso do Felipe VI foi a dun pirómano, bendicindo a liña represiva do goberno de Rajoy e deixando claro que a aplicación do Artigo 155 é inminente; e se a cousa se complica o Estado sempre pode tirar man do Artigo 8 para deixar en mans do exército o mantemento da integridade territorial do Estado, tal e como indica a Constitución Española.

Este discurso do Borbón deixa claro que o problema non é o PP, como indica Podemos reiteradamente, o problema é España, que é incapaz de asumir as realidades nacionais e os dereitos políticos que estas teñen, así como as normas democráticas máis elementais,que por encima da lei están os dereitos dos pobos. Así, nos próximos días veremos cousas que non creríamos, entramos en terreo descoñecido e inédito, o que pode ser unha boa oportunidade para que a moita xente lle caia o pano que tiña diante dos ollos e vexa con nitidez o cariz autoritario e antidemocrático do Estado español, cuxa actitude están tomando outros estados europeos (Francia sen máis lonxe), como único xeito de enfrontar o malestar social.

Neste sentido, o goberno de Carles Puigdemont e o Parlament de Catalunya teñen unha difícil decisión que enfrontar nos vindeiros días. O lóxico é proclamar a República Catalá, logo de aprobarse por ampla maioría a independencia no referendo do pasado domingo 1 de outubro; mais descubrirán que, a pesar do apoio popular, estarán sós nesa aventura, non haberá nin un só país europeo que os recoñeza como estado independente, porque a Unión Europea non vai camiño do recoñecemento dos pobos, senón da integración política, deixando aos estados como meras sucursais administrativas de Bruxelas. Este baleiro por parte da Unión Europea terá consecuencias tamén na idea que tiñan moitos cataláns de que Europa sería o seu salvavidas, descubrindo con asombro que esta institución é tan antidemocrática como o estado que os reprime.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s