O pobo catalán peta nas portas de Europa, pero alí non hai ninguén para abrir

O vídeo Help Catalonia fíxose viral nas redes sociais. Non hai medio que non fale del. Podo entender os motivos que suscitaron a edición deste vídeo. Catalunya sempre mirou a Europa e Europa sempre mirou para eles. Mais pinchan en óso. A Unión Europea non está pola labor de botar unha man ao pobo de Catalunya. Ningún país da UE sairá a abrir esa porta á que chama Catalunya, porque, como moi ben dixo Junkers a semana pasada, “se permitimos que Catalunya se independice, virán outros (pobos) despois e iso no me gusta”.

Non está de máis lembrar que a Unión Europea non é a unión dos pobos, é a unión dos mercados, é o gran capital que se une para saquear os pobos, e cuxa máxima aspiración, cousa que se concretará nos vindeiros ano, é a unión política de todos os estados membros, que se converterán en meros xestores administrativos ás ordes da Comisión Europea. Neste sentido é lícito que Catalunya aspire a sentarse á mesa en pé de igualdade, mais como dixo Junkers, unha Unión Europea de 90 estados sería inxestionábel para o grande capital.

Esta é a realidade coa que se atoparán moitas catalás e cataláns (e non só) convencidos de que Europa será a súa táboa de salvación para ser un estado independente. Pronto descubrirán que Europa é a súa condena.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s