O 155 e o machismo español

Os líderes políticos dos partidos españois, entre eles Pedro Sánchez, repiten como un mantra que a aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya depende en exclusiva de Puigdemont e dos partidos independentistas, deixando entrever que eles, os españois, non queren aplicalo, pero non lles queda outra se queren restaurar a (súa) legalidade.

Isto recórdame moito a unha escena da película “Soy la Juani” (2006) de Bigas Luna, onde un individuo intenta violar á súa compañeira e ante a resistencia desta, repítelle unha e outra vez que “esto te pasa porque tu quieres”.

É dicir, que se Catalunya volve ao rego e se somete á legalidade do Estado español a aplicación do 155 non terá lugar, a pesar de que iso implique a violación da vontade do pobo catalán, expresada claramente no referendo de autodeterminación do 1 de outubro.

España é irreformábel, cavernícola e machista. España está ancorada en 1975 e toda a retórica de igualdade, tolerancia, … etc que vivimos durante o Zapaterismo é fume de artificio que desaparece en canto está en xogo a sacrosanta unidade de España baseada no sometemento da nacións da que fan parte.

Mais o 155 non é só de aplicación a Catalunya. O 155 é un aviso a navegantes, que agocha unha nova vaga de recentralización que veremos coa nova Constitución que están cociñando os partidos estatais. A o tempo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s