Por que Catalunya non declara a independencia?

Despois da celebración do referendo de autodeterminación do 1 de outubro, o momento clave para Catalunya era a proclamación da independencia, que, segundo a lei aprobada polo Parlament, tería que ser en pleno e votada polos deputados e deputadas. Ese día era o 10 de outubro, mais ese día nin houbo votación nin houbo proclamación, houbo unha simple declaración de Puigdemont e un paripé por parte dos deputados e deputadas de Junts Pel Si e CUP, coa sinatura da declaración de independencia sen validez xurídica. Ese día, o 10 de outubro, a Generalitat perdeu a iniciativa política, desde entón segue a corrente dos acontecementos.

Por que non se declarou a independencia o día 10 de outubro? Esa é a pregunta do millón. Na miña opinión son varias as respostas. En primeiro lugar, a pesar dese paripé ningún estado recoñeceu a Catalunya como estado independente, e como dixen, ningún país da Unión Europea o vai facer, o cal é clave para acadar o ansiado obxectivo. En segundo lugar as dúbidas no seo do independentismo; neste sentido, non hai moitos días o o ex-conseller Mas-Colell dicía que “nin a Generalitat nin o pobo están en condicións de facer viábel a independencia”. Máis claro auga. En terceiro lugar a aplicación do 155, que interviría por completo a Generalitat e o Parlament, deixándoo á altura de Ceuta e Melilla, un protectorado intolerábel nunha nación que deixou clara a vontade de ser. En cuarto lugar, e non menos importante, a ameaza de cárcere que pesa sobre todo o goberno da Generalitat en especial sobre Puigdemont, ten e tivo incidencia na decisión de todo o Gobern.

Así as cousas, Catalunya non será de momento un estado independente e encamíñase cara unhas eleccións anticipadas, a ver se así son quen de parar a posta en marcha do 155 ou cando menos atenualo, unha intervención estatal con plenos poderes para atar e desatar á antollo do centralismo español.

Está por ver cal será o resultado desas eleccións anticipadas, mais se volve ter maioría o independentismo haberá que ver que fan daquela os que teñan a responsabilidade que ten agora Puigdemont nas súas mans e que agora acúsano veladamente de traidor. Haberá que velo!

 

 

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s