Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Lidia Senra é de Anova e polo tanto está vinculada a En Marea. Isto é un feito, non é discutíbel. Foi a candidata de Alternativa Galega de Esquerdas, marca política de usar e tirar de Anova e Esquerda Unida, que se asociou con Podemos para acudir ás Eleccións Europeas de 2014. Ademais, como eurodeputada está adscrita ao Grupo Esquerda Unitaria, grupo ao que pertencen Izquierda Unida, Podemos e por suposto Alternativa Galega de Esquerdas, entre outros grupos de toda Europa.

A vinculación orgánica e formal con Anova e En Marea está clara. Non hai máis que botar unha ollada ao Google para atopar todo tipo de noticias que vinculan esta eurodeputada con En Marea. Sen ir máis lonxe, no mes de outubro Lidia Serna daba unha rolda de prensa coa deputada no Congreso, Alexandra Fernández, e o deputado no Parlamento Galego, Davide Rodríguez. Ou no mes de setembro con Luís Villares, por citar dous exemplos recentes.

Polo tanto, é inconcibíbel e inadmisíbel o descarado oportunismo destas organizacións desvinculándose de Lidia Senra, nun intre no que esta eurodeputada está no ollo do furacán por cuestionar a bondade das vacinas, un asunto que causou un notábel impacto mediático e político.

Non vou ser eu quen defenda á que fora líder do Sindicato Labrego Galego, mais non é de recibo sacarse fotos un día con Lidia Senra e ao día seguinte tentar zafarse dun vendaval político aludindo que a eurodeputada ía por libre e que non atendía á disciplina das organizacións… vamos que xa non ten nada a ver con eles.

Sinceramente, xa abonda de tanto oportunismo e tanta demagoxia.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.