En Marea, centrados nos problemas de España

En Marea, a confluencia “podemita” galega, entrou no Congreso anunciando que serían a voz de todas as galegas e galegos, tentando así eclipsar os 20 anos do BNG Madrid. Nada máis lonxe. O movemento demóstrase andando e os feitos deixan negro sobre branco que a realidade é moi distinta. Aquí un exemplo: con todos os problemas que ten Galiza e as súas infraestruturas, o que preocupa a En Marea é AP-7, AP-6, AP1… e así todas e cada unha das autoestradas do Estado español con concesión vixente.

E aquí temos outra iniciativa de Yolanda Díaz na que pregunta ao goberno español polos plans de reindustrialización en Lada (Asturias) e Velillo (Palencia) logo de que Iberdrola anuncie o peche das centrais de carbón. E aquí preocupados por Telemadrid, que, como todo o mundo sabe, é de amplo seguimento en Galiza. E non me quero esquecer de Cervantes (evidentemente falo do escritor, non do concello galego).

Resumindo, non estamos a falar de casos illados, os deputados e deputadas de En Marea non son a voz de Galiza, España é a súa razón de ser, o mesmiño que PSOE e PP.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s