O master de Cifuentes tráeme sen coidado

Así de claro o digo. É un affaire máis do mar de corrupción do Réxime do 78, que sinceramente é peccata minuta con ter presas na cadea a Puigdemont, a Junqueras, a Jordi Sánchez, a Jordi Cuixart, a Carme Forcadell, a Dolors Bassa, a Raul Romeva, a Jordi Turull, a Josep Rull e a Joaquim Forn, cuxo único delito cometido foi o cumprir co mandato electoral de convocar un referendo de autodeterminación para que o pobo catalán decidira o seu futuro. Colocar urnas para que a xente votara, un “delito” no Estado español que tamén ten no exilio a Marta Rovira, a Anna Gabril, a Clara Ponsati, a Toni Comín, a Meritxell Serret e a Lluís Puig.

É tal o retroceso de liberdades sociais e políticas no Estado español que até dentro duns meses entrará na cadea un mozo rapeiro, Valtonyc, cuxo único delito foi recitar unhas cancións nas disque enaltecía o terrorismo e inxuriaba á Coroa. Unhas letras que pasarían totalmente desapercibidas sen non se producira o xuízo e posterior condena a 3 anos de presións, un tempo á sombra que está por ver se os pasa Urdangarin, logo de roubar 10 millóns de euros.

Mais xa o dixo Echenique, “deixemos o monotema de Puigdemont” e poñámonos co master de Cifuentes, que está visto que é un tema moi importante para moita xente, especialmente para a esquerda e a progresía estatal que así ten un tema no que fixar a atención sen ter que saír en defensa dos presos políticos cataláns. O silencio da intelectualidade española resulta enxordecedora e obscena, mentre hai presos e presas, cuxo único delito que cometeron foi poñer urnas para votar.

Isto recórdame o poema do crego Martin Niemöller, “Cando os nazis viñeron polos comunistas“, un poema que se atribúe erroneamente a Bertolt Brecht.

Cando os nazis viñeron levar aos comunistas,
gardei silencio,
xa que non era comunista,

Cando encarceraron aos socialdemócratas,
gardei silencio,
xa que non era socialdemócrata,

Cando viñeron buscar aos sindicalistas,
non protestei,
xa que non era sindicalista,

Cando viñeron levar aos xudeus,
non protestei,
xa que non era xudeu,

Cando viñeron buscarme,
non había ninguén máis que puidese protestar.

Tomemos nota!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s