A xustiza pola man

O que pon en evidencia a benevolente sentenza contra os cinco membros da “Manada” sentenciados a 9 anos de prisión por “abuso sexual”, no canto de “agresión sexual”, penado con máis anos de cárcere, é que o Código Penal español está redactado desde unha óptica machista e patriarcal.

É certo que non houbo violencia, a vítima non foi obrigada a entrar no edificio onde se perpetrou a violación como ela mesma recoñeceu no xuízo, e tampouco se viu reducida con violencia física; mais calquera persoa estaría intimidada, xa non digamos unha muller, ante a presenza de cinco mangallóns (un deles superaba os 100 kg) bébedos e drogados a altas horas da madruga, de aí que a vítima adoptara unha actitude submisa e fora incapaz de manifestar a súa oposición a manter relacións sexuais.

Mais se causa indignación esta sentenza da “Manada” o que xa é para facer bo o poema de Rosalía de Castro, “A Xusticia pola Man”, é que a utilización de estupefacientes para violar a unha muller tamén se considera “abuso” no canto de “agresión sexual”, ao non haber “violencia ou intimidación” para reducir á vítima, e tampouco consentimento, algo obvio dado o seu estado inconsciente. Sorprendente, pero tan real. Así figura no Artigo 181 e seguintes do Código Penal.

É evidente que o Código Penal necesita un repaso. Outra cousa é se os lexisladores españois estarán á altura do que a cidadanía demanda. Visto o de Catalunya, coido que, de haber cambio, a cousa só pode ir a peor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.