A xogada do chepas

O día que se deu a coñecer a sentenza da trama corrupta da Gürtel os primeiros en pedir eleccións anticipadas foi Ciudadanos, xa que, segundo as enquisas, serían o partido máis votado. Pola contra, PP, PSOE e Podemos, así como PNV, non ven con bos ollos un adianto electoral, e se o piden, caso do partido de Pablo Iglesias, fano coa boa pequena. Nin PSOE nin Podemos, xa non digamos o PP, están no mellor momento para acudir ás urnas. De aí as presas de Pedro Sánchez para presentar a moción, sabedor de que teña ou non os votos suficientes para apartar a Rajoy, este feito pon ao PSOE no centro do taboleiro político nun intre no que os de Ferraz estaban, non só fóra de xogo, senón seguindo a estratexia do PP, polo menos no que atinxe ao tema de Catalunya e o 155, e totalmente eclipsados por Ciudadanos. Pola súa parte, Podemos, encerellado no chalé de Galapagar do seu líder, poucas máis opcións tiña que a de facer seguidismo do PSOE. E o PP só lle queda aguantar até onde poida, agarda que o tempo faga esquecer todo.

Por outra parte, o PNV, chave na aprobacións dos orzamentos estatais, logo de asegurarse máis de 500 millóns en investimentos en infraestruturas, tampouco quere eleccións anticipadas, entre outras cousas teme unha vitoria de Ciudadanos, inimigo declarado do cupo vasco, que asegura todos os anos unha importante remesa de recursos económicos que xestionan directamente o seu gobereno.

A moción de censura do PSOE pode saír adiante. Xa o dicía o outro día en Twitter, e hoxe está cada vez máis claro que Pedro Sánchez pode ser o próximo presidente do goberno. Mais, a pesar de que o PSOE pode saírlle ben electoralmente a xogada, especialmente por apartar do goberno a un partido corrupto até a medula como o PP, a realidade é que ten 89 deputadas e deputados, unha cifra escasa que obrigará a pactar un goberno con outras forzas políticas, como por exemplo Podemos, que non tardou moito en ofrecerse a Sánchez.

Mais, para gañar necesita os votos de PNV, que se xoga os investimentos millonarios, que antes teñen que ser aprobados no Senado polo PP. É improbábel que o senadores e senadoras deste partido rexeiten os seus propios orzamentos, mais a ameaza está aí latente e o PP xoga esa baza. Con todo, logo da sentenza da Gürtel, o PNV non quere ser o salvavidas da corrupción do PP.

A xogada do chepas
Un antigo compañeiro de traballo referíase á “xogada do chepas” cando propoñía unha solución inesperada e inédita a un problema difícil de resolver. O PP pode poñer en marcha a súa xogada do chepas persoal: a dimisión de Rajoy.

O presidente do goberno, unha vez presentada a moción de censura, xa non pode convocar eleccións até que pase ese trámite, pero si dimitir, co cal o goberno estaría en funcións e a vicepresidenta, Soraya Sáenz de Santamaría pasaría a ser a “presidenta”, até que se elixa un novo goberno, logo das correspondentes consultas a Felipe VI. Tendo en conta a atomización e as diferenzas políticas dos partidos con representación no Congreso, formar un novo goberno sería case unha misión imposíbel, o que tería como consecuencia que o goberno do PP continuaría en funcións até que remate o período de sesións, xa que un goberno en funcións non pode disolver as Cortes. É dicir, que habería goberno do PP para dous anos máis, co cal garantirían a “estabilidade” da que tanto presumen e o goberno tería como cabeza visíbel a unha persoa allea a todas as corruptelas Populares, e vía libre para renovarse.

Haberá quen pense que esta opción é un despropósito político. E seguramente si. Pero hai que ter en conta que o goberno Rajoy estivo en funcións 10 meses. Así que… non descartemos nada.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.