O bipartidismo está de volta

Se algo deixa claro esta moción de censura de Pedro Sánchez ao goberno de Mariano Rajoy é que o bipartidismo, non só non está morto, se non que está de volta e, polo tanto, moi vivo.

Na sesión de tarde da moción de censura o candidato do PSOE, Pedro Sánchez, dicíalle a Albert Rivera que non se fiara das enquisas, que se o PP facía os deberes, que obrigadamente vai ter que facer a partir de hoxe 1 de xuño, o PP recuperaría apoios e eles, Ciudadanos, terían serios problemas electorais.

É máis, Rafael Hernando, portavoz do PP no Congreso dirixía na sesión de hoxe venres un durísimo ataque ao partido laranxa, acusándoos de connivencia coa corrupción do PSOE en Andalucía, de inoperancia e pasividade en Catalunya, a pesar de ser a forza máis votada nas últimas eleccións, e mesmo entrou colateralmente no terreo persoal contra Albert Rivera.

O PP é un partido de poder, creado en base a intereses económicos e persoais. E neset sentido, dubido moito que haxa unha desbandada cara o partido de Albert Rivera, ao contrario, como dixo Pedro Sánchez, se o PP fai un exercicio de rexeneración e especialmente se cambia de cabeza visíbel, isto é, cambia a Rajoy por outra persoa limpa de po e palla, -que as teñen-, e que sexa quen de aglutinar forzas, o PP estará de volta.

Desde a mal chamada Transición, o sistema político do Estado construíuse a partir do bipartidismo, dúas forzas que se alternaban no poder, con apoios puntuais se fora o caso. O sistema e as forzas económicas que o sustentan non quere intrusos para levar os seus asuntos, iso quedou claro desde 1978, e especialmente nas dúas últimas eleccións Xerais, onde o bipartidismo acadou o maior número de votos e os novos partidos non foron quen de construír unha alternativa críbel, especialmente por mor das súas contradicións, intereses e tacticismo. Neste sentido non só Ciudadanos ten que tomar nota, Podemos tamén, a outra pata na que se asentou o bipartidismo para coller folgos e renovarse. Ao PSOE custoulle, pero xa o fixo; agora é a quenda do PP.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.