Divide e vencerás

O peor inimigo de todo movemento transformador e rupturista é a división. Iso sábeo ben o poder que o combate. A cohesión case monolítica do Proces catalán enfróntase seguramente ao seu momento máis crítico, logo da carga dos Mossos contra un grupo de independentistas, que se manifestaban en contra da exhibición de testosterona españolista do sindicato JUSAPOL para demandar igualdade de salario e de paso “celebrar” o seu particular aniversario do 1 de outubro.

Os motivos deste sindicato de extrema-dereita eran unha mera escusa, para reclamar igualdade de salario que os Mossos, non facía falta ir a Barcelona, xa que as súas nóminas páganas desde Madrid. Mais, está claro que ían provocar e conseguiron o seu obxectivo, abrindo unha fenda importante no independentismo. Fenda que aínda pode ser máis grande, xa que JUSAPOL está decida a “rematar a manifestación” o pasado sábado.

Onte alertaba en Twitter Carles Puigdemont de que “os encapuchados non eran do 1 de outubro”. Seguramente teña razón. O Estado español non vai permitir que triunfe o Proces nin que manteña o pulso político, xa que é a maior ameaza á que se enfronta. Manter o statu quo é o obxectivo. O PP intentou a vía represiva e fallou. O PSOE de Pedro Sánchez, fiel á súa historia, intentará a vía da infiltración, e iso é o que se viu precisamente o pasado sábado. Mal asunto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.