Leccións andaluzas

O Google Trends é un índice que permite ver as tendencias de búsquedas que se fan no buscador de Google. Non é unha ciencia exacta, mais si permite ver que é o que está buscando a xente nun momento dado. O día 23 colgaba no Twitter un pantallazo das búsquedas dos termos “PP, PSOE, Ciudadanos, … Seguir lendo Leccións andaluzas

Divide e vencerás

O peor inimigo de todo movemento transformador e rupturista é a división. Iso sábeo ben o poder que o combate. A cohesión case monolítica do Proces catalán enfróntase seguramente ao seu momento máis crítico, logo da carga dos Mossos contra un grupo de independentistas, que se manifestaban en contra da exhibición de testosterona españolista do … Seguir lendo Divide e vencerás

O bipartidismo está de volta

Se algo deixa claro esta moción de censura de Pedro Sánchez ao goberno de Mariano Rajoy é que o bipartidismo, non só non está morto, se non que está de volta e, polo tanto, moi vivo. Na sesión de tarde da moción de censura o candidato do PSOE, Pedro Sánchez, dicíalle a Albert Rivera que … Seguir lendo O bipartidismo está de volta

A xogada do chepas

O día que se deu a coñecer a sentenza da trama corrupta da Gürtel os primeiros en pedir eleccións anticipadas foi Ciudadanos, xa que, segundo as enquisas, serían o partido máis votado. Pola contra, PP, PSOE e Podemos, así como PNV, non ven con bos ollos un adianto electoral, e se o piden, caso do … Seguir lendo A xogada do chepas

A xustiza pola man

O que pon en evidencia a benevolente sentenza contra os cinco membros da “Manada” sentenciados a 9 anos de prisión por “abuso sexual”, no canto de “agresión sexual”, penado con máis anos de cárcere, é que o Código Penal español está redactado desde unha óptica machista e patriarcal. É certo que non houbo violencia, a … Seguir lendo A xustiza pola man

O master de Cifuentes tráeme sen coidado

Así de claro o digo. É un affaire máis do mar de corrupción do Réxime do 78, que sinceramente é peccata minuta con ter presas na cadea a Puigdemont, a Junqueras, a Jordi Sánchez, a Jordi Cuixart, a Carme Forcadell, a Dolors Bassa, a Raul Romeva, a Jordi Turull, a Josep Rull e a Joaquim … Seguir lendo O master de Cifuentes tráeme sen coidado

En Marea, centrados nos problemas de España

En Marea, a confluencia “podemita” galega, entrou no Congreso anunciando que serían a voz de todas as galegas e galegos, tentando así eclipsar os 20 anos do BNG Madrid. Nada máis lonxe. O movemento demóstrase andando e os feitos deixan negro sobre branco que a realidade é moi distinta. Aquí un exemplo: con todos os … Seguir lendo En Marea, centrados nos problemas de España

Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Lidia Senra é de Anova e polo tanto está vinculada a En Marea. Isto é un feito, non é discutíbel. Foi a candidata de Alternativa Galega de Esquerdas, marca política de usar e tirar de Anova e Esquerda Unida, que se asociou con Podemos para acudir ás Eleccións Europeas de 2014. Ademais, como eurodeputada está … Seguir lendo Vacínate contra o oportunismo e a demagoxia

Por que Catalunya non declara a independencia?

Despois da celebración do referendo de autodeterminación do 1 de outubro, o momento clave para Catalunya era a proclamación da independencia, que, segundo a lei aprobada polo Parlament, tería que ser en pleno e votada polos deputados e deputadas. Ese día era o 10 de outubro, mais ese día nin houbo votación nin houbo proclamación, … Seguir lendo Por que Catalunya non declara a independencia?

O 155 e o machismo español

Os líderes políticos dos partidos españois, entre eles Pedro Sánchez, repiten como un mantra que a aplicación do artigo 155 da Constitución en Catalunya depende en exclusiva de Puigdemont e dos partidos independentistas, deixando entrever que eles, os españois, non queren aplicalo, pero non lles queda outra se queren restaurar a (súa) legalidade. Isto recórdame … Seguir lendo O 155 e o machismo español