As pacadas de Paco Vázquez

Cada vez que os medios de comunicación lle sacan un chanchullo dos seus ou algún problema político de alcance como foi o do porto de A Coruña, Paco Vázquez esparexe un cortinón de fume para distraer a atención. Desta volta, cando todas as miradas están postas na recalificación da casa do Sr. V zquez, deixándoa…… Seguir lendo As pacadas de Paco Vázquez

Total, a ría xa está escarallada

Perdón pola expresión, pero iso foi o que dixo Fraga pasado á liguaxe coloquial sobre a ría de Pontevedra. En concreto, Fraga, o Presidente da Xunta, sostén que ENCE seguirá en Pontevedra, por que total a ría de Pontevedra “non ten as características que tería unha ría na que nunca se fixera ningunha industrialización”; polo…… Seguir lendo Total, a ría xa está escarallada

Galeg@s: como nos ven?

Non son seguidor habitual, nin esporádico, de ningunha das teleseries que botan pola televisión, pero vou a permitirme facer un pequeno comentario sobre unha en concreto que ultimamente esta tendo un clamoroso éxito, trátase de “Los Serrano” de Telecinco. O que vou dicir non é para alabar a súa calidade, os seus decorados, etc. pero…… Seguir lendo Galeg@s: como nos ven?

Outra vez Beiras….

Declaracións de Beiras no Faro de vigo:”Beiras: “Ahora doy el paso: voy a postularme para encabezar la lista por A Coruña””http://www.farodevigo.es/archivo/02272005/hoy/galicia/4galicia.aspO deste home raia a demagoxia e hipocresía máis absoluta. Cando el era a cabeza visible do BNG fartábase a dicir que el non tiña apego pola silla, que el saberíase retirar a tempo, e…… Seguir lendo Outra vez Beiras….

Que desgraza ser pobre!!!

Que desgraza ser pobre!!!, así cantaba Amália Rodrigues, pero parece ser que algúns polítocos do PP parécelles algo estupendo, xa que iso non nos deixa fora dos fondos de cohesión e seguiremos sendo rexión obxectivo número 1. En algo somos os primeiros, menos mal.Desde hai máis de dez anos Galicia recibe fondos de cohesión, que…… Seguir lendo Que desgraza ser pobre!!!

E os barcos son para….

Venezuela encargou uns barcos de vixilancia ao goberno de de ZP, que construirán nos asteleiros públicos de IZAR, pero a día de hoxe o Estado Español non sabe, ou non quere contestar, que asteleiros construirán esos barcos, en resposta ao Deputado do BNG, Francisco Rodríguez. Irán para Andalucía? (tempo ao tempo).Coa nova reconversión naval levada…… Seguir lendo E os barcos son para….

Gañou o Si pero de que maneira

Seguimos a voltas co referendo:En Galicia dos 2.310.326 galeg@s chamad@s ás furnas, só o fixeron 994.368 (43,04%), é dicir, un 56,96% quedou na casa tranquilamente, debido a: pasotismos, non teño gaña, non sei de que vai isto, non quero participar desta pantomima, etc. etc.Se aos que quedaron na casa (1.315.958) lle sumanos os do NON,…… Seguir lendo Gañou o Si pero de que maneira