Tiña o tren accidentado en Santiago un problema técnico?

O día 27 de xullo, tres días despois do accidente de tren de Angrois, en Santiago de Compostela, xa indiquei que algo cheiraba mal neste asunto. Segundo pasan os días empezan a aflorar as incoherencias e aumentan as sospeitas de que non se nos está a contar a verdade sobre o grave accidente do 24 … Seguir lendo Tiña o tren accidentado en Santiago un problema técnico?

Beiras 0 – Deportivo 1

Trendsmap

Onte cumpriuse unha semana da traxedia que conmocionou toda Galiza. Onte tamén se celebrou en Bonaval unha homenaxe ás vítimas do terríbel accidente de tren de Santiago de Compostela, no que morreron 79 persoas, houbo máis de 100 feridos, 20 dos cales están en estado crítico. E neste contexto, no día que se celebraba unha … Seguir lendo Beiras 0 – Deportivo 1

A teoría do maquinista despistado

Francisco José Garzón Amo

Con 12.500 millóns de euros nun contrato en Brasil, o consorcio de empresas vinculado á construción do AVE e a alta velocidade xogábase o todo polo todo. Ao día seguinte do accidente, descartado o atentado, todos os medios de comunicación apuntaban ao maquinista. Non cabía posibilidade algunha de fallo mecánico, nin dos sistemas de seguridade, … Seguir lendo A teoría do maquinista despistado

Para España o problema non é o tren, o problema é Galiza

A situación de Galiza, en canto a comunicacións, puidese estar xustificada pola pobreza do Estado se outras rexións, sempre privilexiadas, non dispuxeran de excelentes servizos ferroviarios. Tamén a pobreza de Galiza puidese desculpar, dalgún xeito, o abandono en que a ten o Estado, se este, por outra banda, non a obrigase a tributar como rica. … Seguir lendo Para España o problema non é o tren, o problema é Galiza

A pelota dun tellado para outro

Inauguración "AVE" Santiago-Ourense

Como dixen o outro día, teño fundadas sospeitas que o treito Ourense-Santiago non ten implantado o sistema de seguridade ERTMS e ASFA. E as declaracións de ADIF á Cadena Ser tampouco me axudan a pensar o contrario. Segundo o ente público este sistema de seguridade só está implantado até catro quilómetros antes de chegar á … Seguir lendo A pelota dun tellado para outro

Algo cheira mal no accidente de tren de Santiago de Compostela

Mapa alta velocidade

No accidente de Santiago de Compostela algo empeza a cheirar mal. O presidente de RENFE afirma que “no se ha producido en una vía de alta velocidad, no se ha producido en un tren de alta velocidad y que, por lo tanto, no es aplicable a lo que entenderíamos por un accidente en un tren … Seguir lendo Algo cheira mal no accidente de tren de Santiago de Compostela

Non somos unha colonia

botella de colonia

O que son as cousas, hai case 20 anos un tren da TGV, tren de alta velocidade francés, descarrila en Chaulnes, ao norte de París. Ía a 300 km/h. Levaba 211 pasaxeiros. E o que puido ser unha catástrofe, sáldase con só 7 feridos leves. O tren francés descarrilou por culpa do terreo e o … Seguir lendo Non somos unha colonia

Galiza en estado de shock

O accidente de tren de Santiago de Compostela ocorrido onte 24 de xullo é un deses sucesos que sempre pasan lonxe, a centos ou miles de quilómetros da túa casa. Mais non, foi aí, ao ladiño, na capital de Galiza pola que hoxe ían descorrer as distintas manifestacións por mor do Día da Patria Galega. … Seguir lendo Galiza en estado de shock