Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

O certo é que ía deixar pasar o asunto da detención do asesor de AGE, Ramiro Santalices, acusado dun presunto caso de pornografía infantil. No seu momento entendía que iso pertencía ao ámbito privado desa persoa e non merecía máis comentarios, aínda que é obvio que colateralmente afecta directamente, -e moito-, á organización política AGE … Seguir lendo Yolanda Díaz, algunha explicación terás que dar!

O de AGE é unha tomadura de pelo

Nos próximos días tomará posesión unha deputada que concorreu na lista de AGE nas pasadas eleccións Galegas de 2012, pero por discrepancias coa coalición electoral, pasarase ao grupo mixto, onde xa hai dúas deputadas tamén escindidas de AGE. A primeira foi Carme Iglesias, que se negou a ceder o posto logo da dimisión do cabeza … Seguir lendo O de AGE é unha tomadura de pelo

Lindia Senra e as Illas Fidxi

Un non deixa de sorprenderse das cousas que se poden atopar na web do Parlamento Europeo e o que é peor, de como se dilapidan os cartos públicos en encontros e todo tipo de eventos de dubidosa utilidade pública, en especial para os que vivimos en Galiza, cuxos problemas están perfectamente localizados e analizados, só … Seguir lendo Lindia Senra e as Illas Fidxi

As 10 entradas máis vistas de 2014

Aínda que xa van seis días de 2015 non é tarde para facer un repaso das 10 entradas que máis visitas tiveron ao longo de todo o 2014. Estas son: A imaxe de Jimmy que os medios non che ensinaron Almodovar e o analfabeto “gallego” Podemos ten un problema co galego Así cociñan Esquerda Unida … Seguir lendo As 10 entradas máis vistas de 2014

Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Nas películas ambientadas no oeste americano cantas veces vistes ao xinete cambiar de cabalo, mesmo en carreira, para zafarse dos seus perseguidores ou mesmo para alcanzar ao bo da película? Centos de veces, seguramente! Pois iso é o que van facer Beiras e os seus de aquí a poucos meses ou polo menos iso é … Seguir lendo Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

O mapa político de Galiza soñado por Santiago Rey

As enquisas son como a plastilina, a partir dunha masa informe de datos, pode sacarse case calquera cousa. O domingo pasado La Voz de Galicia sacaba unha destas enquisas onde reflectía un mapa político caracterizado por máis españolismo e menos nacionalismo na cámara galega. Na enquisa do xornal de Arteixo, Podemos irrompe no Parlamento Galego, … Seguir lendo O mapa político de Galiza soñado por Santiago Rey

Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

Con 78 anos cumpridos o normal é ter achaques e algunha que outra doenza. E Beiras non é ningunha excepción. E por iso aproveitou o verán para pasar polo taller. Ao igual que Juan Carlos de Borbón, que tamén pasa a miúdo polo “taller”, -o taller da sanidade privada máis próxima, enténdase-, Beiras someteuse hai … Seguir lendo Beiras encoméndase á Virxe de Fátima

Coa marea sube o PP

O sábado 20 de outubro de 2012, xornada de reflexión das eleccións galegas, os medios de comunicación daban conta da porra de Mariano Rajoy para as eleccións do día seguinte. O presidente do goberno afirmaba, cunha seguridade poucas veces vista, que o PP sacaría 41 deputados e os demais o resto. A contundencia do seu … Seguir lendo Coa marea sube o PP

A quen queren colocar PP, PSOE e AGE na Fundación de A Banca?

Denunciaba onte o BNG que un acordo entre PP, PSOE e AGE impedirá debater sobre as persoas propostas polos grupos con representación no Parlamento Galego para cubrir os catro postos da Fundación de A Banca, que xestionará un importante patrimonio artístico entre as que se atopan obras de Castelao, Maside e moitos outros artistas galegos. … Seguir lendo A quen queren colocar PP, PSOE e AGE na Fundación de A Banca?

A labrega Lidia Senra cobrou do Sindicato Labrego até marzo de 2014

Segundo se desprende da declaración de bens que presentou Lidia Senra no Parlamento Europeo, a deputada de AGE-Izquierda Unida tivo unha nómina do Sindicato Labrego Galego durante os últimos tres anos, até marzo de 2014. En 2012 cobrou entre 1.001 e 5.000 euros brutos mensuais. En 2013 entre 500 e 1.000. E até marzo de … Seguir lendo A labrega Lidia Senra cobrou do Sindicato Labrego até marzo de 2014