Excusatio non petita, accusatio manifesta

Beiras anunciou hoxe que En Marea-Podemos, -perdón, Anova, iso foi o que dixo- non estaría na mesa de negociacións entre PSOE, Ciudadanos e Podemos, porque pensa que só se pretende que a formación morada asuma o pacto que teñen os de Sánchez e Ribera. Pode ser que sexa así, mais semella ser unha escusa de … Seguir lendo Excusatio non petita, accusatio manifesta

Beiras tiña razón (antes de emendarse)

Como xa indiquei non hai moitos meses, o PSG, partido no que militou Beiras hai máis de 40 anos, estivo tentado polo PSOE para confluír nunha coalición ás primeiras eleccións democráticas do Estado. Dixeron non, porque, como moi ben explicaba o propio Beiras en 2001, un acordo deste tipo faría perder toda a credibilidade nacionalista … Seguir lendo Beiras tiña razón (antes de emendarse)

Beiras: da traxedia á farsa

Hegel, o filósofo alemán, pensaba que a historia e os grandes persoeiros tenden a repetirse dun xeito ou doutro. Así por exemplo, hai case corenta anos o debate territorial no Estado español despachouse co que se coñece como "café para todos", pero que o tempo demostrou que só contentou a uns poucos, aos que querían … Seguir lendo Beiras: da traxedia á farsa

Por que quere pechar Podemos o acordo con Anova e Esquerda Unida antes do domingo 27S?

Segundo informa La Voz de Galicia, portavoz oficioso de Podemos, Anova e Esquerda Unida, o pacto para as Xerais pecharase antes das eleccións catalás do 27 de setembro. A pesar do paripé mantido nos últimos meses o pacto estaba cantado desde antes do verán -de aí o cachondeo de Beiras e Yolanda Díaz hai un … Seguir lendo Por que quere pechar Podemos o acordo con Anova e Esquerda Unida antes do domingo 27S?

Menuda empanada mental!

Di Beiras que se fora catalán votaría á CUP, que está a favor da independencia de Catalunya e da saída da Unión Europea. Até aquí correcto. Mais como galego prefire ir nunha candidatura con Podemos, dos cales a CUP non quere saber nada, xa que os de Iglesias están en contra da independencia de Catalunya, … Seguir lendo Menuda empanada mental!

Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

Por se alguén tiña algunha dúbida, o Community Manager de Anova encargouse de despexar a incógnita. A organización liderada por Beiras e Martiño Noriega non participará nunha candidatura unitaria do nacionalismo galego nas vindeiras eleccións xerais, unha candidatura de país e sen ataduras a Madrid, co centro de decisión en Galiza. @alvinzinho se cadra é … Seguir lendo Anova non participará nunha candidatura nacional unitaria “e punto”

O epílogo machista de Beiras

Merece a pena escoitar o seguinte audio, recopilado case artesanalmente por Troleada Galega. Trátase dun anaco da entrevista que lle fixeron a Xosé Manuel Beiras hai uns días na Cadena Ser. Preguntado pola nula presenza de mulleres no goberno grego de Syriza, o da Reboraina responde do peor xeito que pode facer un político da … Seguir lendo O epílogo machista de Beiras

Beiras perde o norte definitivamente

Cayo Lara e Xosé Manuel Beiras

Xosé Manuel Beiras, portavoz de Anova e de AGE, xa non é que diga que Galiza non pode valerse por si mesma, que ten que apoiarse en España para conseguir os seus obxectivos, senón que agora xa non quere que Galiza celebre eleccións en 2016, negándolle toda capacidade de renovar os seus instrumentos políticos, por … Seguir lendo Beiras perde o norte definitivamente

Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Nas películas ambientadas no oeste americano cantas veces vistes ao xinete cambiar de cabalo, mesmo en carreira, para zafarse dos seus perseguidores ou mesmo para alcanzar ao bo da película? Centos de veces, seguramente! Pois iso é o que van facer Beiras e os seus de aquí a poucos meses ou polo menos iso é … Seguir lendo Beiras e Anova queren cambiar de cabalo

Pero onde están as diferenzas entre Anova e Cerna?

Para explicar a escisión de Anova, efectivizada hoxe luns, habería que remontarse a febreiro deste mesmo ano, cando Beiras, portavoz da formación, inclinou a balanza cara Izquierda Unida como aliado para as eleccións Europeas deste mesmo ano. En realidade a outra opción, a de “que Anova conforme unha coalición con forzas políticas da esquerda nacionalista … Seguir lendo Pero onde están as diferenzas entre Anova e Cerna?