VolkswagenGate: acción, reacción

A ver, cantos dos que comprastes coche no último ano mirastes o índice de emisións contaminantes antes de decidirvos por un ou outro modelo? Se exceptuamos as persoas que se decidiron por un coche eléctrico ou híbrido, o resto seguro que esa foi a última das súas preocupacións. O consumo, a cor, o equipamento, os … Seguir lendo VolkswagenGate: acción, reacción

Do bipartidismo ao cuatripartidismo

As dúas patas sobre as que se asentou a idea da España única e uniforme, tórnase agora en catro, case corenta anos despois da Ditadura e outros tantos dunha democracia que non o é. PP, PSOE, Podemos e Ciudadanos está chamados a entenderse despois das eleccións municipais, e máis alá tamén, coa vista posta nas … Seguir lendo Do bipartidismo ao cuatripartidismo

A Palanca

O venres pasado centos de oficinas bancarias de todo o país cambiaban de nome. Como por arte de maxia, dun día para outro, o que antes era Nova Galicia Banco pasou a denominarse Abanca, o novo nome comercial da sociedade financeira que levará lonxe da terra miles de millóns de euros dos aforros de todos … Seguir lendo A Palanca

Cancro, a pandemia silenciada

Segundo a Sociedade Española de Oncoloxía Médica en 2012 diagnosticóuselle cancro a 215.534 persoas (128.550 homes e 86.984 mulleres). No mesmo ano morreron por esta enfermidade 102.762 persoas (63.579 homes e 39.183 mulleres). Claro que as previsións que ten esta mesma sociedade para 2015 non son mellores, todo o contrario, xa que aumentarán sensibelmente o … Seguir lendo Cancro, a pandemia silenciada

Que está pasando?

Non sei se vos pasou algunha vez, pero hai algún tempo a tarxeta do banco co que traballaba habitualmente (prefiro obviar o nome) tiña certos problemas ao chegar o fin de semana. O caixeiro dicíame que superara o límite diario, cousa que non era certa. Non foi nin unha nin dúas veces, foron varias as … Seguir lendo Que está pasando?

Todo é susceptíbel de empeorar

Hai uns días lin en Gurusblog un inquietante artigo sobre a burbulla de crédito china. Segundo o artigo un fondo de inversión comercializado po ICBC, un dos maiores bancos chinos, ten serios problemas, acumulando unha débeda de 5.900 millóns de “yuáns”, e busca liquidez desesperadamente que o salve de bancarrota. O efecto da quebra deste … Seguir lendo Todo é susceptíbel de empeorar

“O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

A crise económica provocada pola estoupido da burbulla inmobiliaria aínda se sente con toda crueza na maior parte do mundo occidental, onde millóns de persoas están sen traballo, e viron diminuído substancialmente o seu poder adquisitivo, sentindo moi de preto a pobreza e miseria, mentres as grandes elites económicas seguen a aumentar a súa riqueza. … Seguir lendo “O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

O custe da sanidade privada

A imaxe que ilustra esta entrada é unha carta que a empresa sanitaria Sutter Health enviou a un cliente que utilizou os seus servizos. Neste documento esta empresa informa que o custe do tratamento, -coido que unha operación non moi complicada-, ascendeu a 55.020 $, dos cales 43.909 $ son asumidos pola compañía de seguros … Seguir lendo O custe da sanidade privada

Un apagón inútil

A sociedade en xeral non ve máis alternativa que o capitalismo e canto máis aperta este, canta máis miseria e inxustiza crea, a resposta da sociedade é facelo bo, domesticalo. Así xorden iniciativas como facer un apagón para protestar polas constantes subidas no prezo da electricidade. Unha problemática que non é exclusiva do Estado español, … Seguir lendo Un apagón inútil

Sen sistema financeiro, Galiza ten un futuro moi negro

O capitalismo é un chollo, pero para aqueles que teñen cartos, moitos cartos, especialmente para o capital financeiro. Que llo digan a Banesco, o banco venezolano que acaba de adquirir NovaGalicia Banco por 1.000 millóns. Unha ganga e unha estafa, tendo en conta que o Estado inxectou 9.000 millóns de euros para saneala. Porque disto … Seguir lendo Sen sistema financeiro, Galiza ten un futuro moi negro