Internet é só para os amigos Imperio. O caso de Cuba

conexion-internet-cuba

Non hai máis que facer unha procura en Google das palabras “censura cuba internet” para atopar miles de referencias, moitas das cales son para denunciar que o goberno cubano censura internet. Entre esas referencias destaca a da blogueira cubana Yoani Sánchez, que, ao contrario de Snowden, circula libremente polo mundo occidental dando todo tipo de … Seguir lendo Internet é só para os amigos Imperio. O caso de Cuba

Un Papa caído do ceo…. en papa-grúa

A cidade de Santiago estase acicalando para esta ocasión tan “especial”. Onde antes había unha fochanca agora xa non hai, onde antes había un adoquín mal asentado, agora está perfectamente instalado; onde antes había unha baranda oxidada, agora reloce como se fora ouro. Non hai mal que por ben non veña...E dentro destes arranxos e … Seguir lendo Un Papa caído do ceo…. en papa-grúa

Doble moral

A estas alturas xa saberedes que a empresa que imprimía revista “Retranca”, secuestrou o último número desta revista porque non se “consideraban a gusto” con esta publicación. Sen embargo esta mesma empresa imprime outra revista cuxa portada podedes ver ao lado da de “Retranca”, que resútalles menos ofensiva, será porque sae unha muller vestida de … Seguir lendo Doble moral

Fotos das manifestacións de Grecia

Non busquedes máis. Das manifestacións que houbo onte en Grecia só atoparedes nos medios españois fotos dos disturbios, e enfatizando a morte de tres persoas. Por nada do mundo veredes as fotos de xente manifestándose pacificamente que son a inmensa maioría, non vaia ser que imitemos aos gregos. E o faremos, por suposto.Mais aquí tedes … Seguir lendo Fotos das manifestacións de Grecia

Os Tres do Eixo

A cotío se nos fala de seguridade vial, de que corremos moito co coche, ... que si os puntos, etc, etc, etc. Na nosa rede de estradas, co noso particular xeito de asentarnos territorialmente, espallados e pegados as vías de comunicación, seguramente hai casos como os do Eixo (parroquia de Santa Lucía en Santiago) a … Seguir lendo Os Tres do Eixo

Volven os torquemadas

Acordádesvos das caricaturas de Mahoma? a indignación dos musulmáns percorreu o mundo enteiro á par dos comentarios de indignación do "mundo libre", censurando a actitude do Islam. Pois agora é ese "mundo libre", esa democracia de transición "ejemplar", esa España do século XXI a que "secuestra" unha publicación por mor dunhas caricaturas de Felipe de … Seguir lendo Volven os torquemadas

Censura

Non sei se é a casualidade da actualidade que concentra noticias de significado moi semellante en moi poucos días, pero teño a sensación de que a censura, palabra que nos retrotrae a tempos pretéritos (ditadura, inquisición...), retoma novos bríos en pleno século XXI e nun Estado que se di democrático e respectuoso coas liberades.Hai uns … Seguir lendo Censura