Os ianquis tamén se equivocan

As películas de Hollywood sempre foron o escaparate do Imperio, reflectindo unha realidade perfecta e idealizada, non só da sociedade, senón tamén do seu poder, político e militar. Ese poder vendéronnolo como implacábel e duro, pero tamén xusto, a pesar dos abondosos exemplos criminais que todos e todas temos en mente. E dentro desa imaxe … Seguir lendo Os ianquis tamén se equivocan

“Arrival”

"Arrival" de Denis Villeneuve, traducida ao castelán como "La Llegada", é unha desas películas que agardas con ansia a data de estreo para ver nas salas de cine. A temática desde logo axuda, gústame a ciencia ficción, mais a filmografía deste director nacido en Canadá, e en concreto a extraordinaria "Incendies” de 2010, aumentaba as … Seguir lendo “Arrival”

“O Renacido”: o home deshumanizado

O pasado sábado fun ver “O Renacido”, a última película de Alejandro González Iñárritu con Leonardo DiCaprio de protagonista. Sinceramente non cumpriu as expectativas creadas a priori. Seguramente estaba condicionado polo recente visionado doutra película inspirada na mesma historia de Hugh Glass, “O home dunha terra salvaxe”, protagonizada en 1971 por Richard Harris e John … Seguir lendo “O Renacido”: o home deshumanizado

Sabes por que non lle deron o Goya á película A Esmorga?

Na gala dos Goya do cine celebrada onte hai un claro gañador, e non é “La Isla Mínima” que acaparou 10 das prezadas estatuas; o gañador indiscutíbel é Warner Bros, a transnacional ianqui que se encarga da súa distribución. Foi unha noite redonda para esta empresa, que tamén se levou o premio á mellor película … Seguir lendo Sabes por que non lle deron o Goya á película A Esmorga?

“O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

A crise económica provocada pola estoupido da burbulla inmobiliaria aínda se sente con toda crueza na maior parte do mundo occidental, onde millóns de persoas están sen traballo, e viron diminuído substancialmente o seu poder adquisitivo, sentindo moi de preto a pobreza e miseria, mentres as grandes elites económicas seguen a aumentar a súa riqueza. … Seguir lendo “O lobo de Wall Street”: que continúe a festa

Guerra Mundial Z: propaganda sionista da peor calaña

Se es d@s que non gustas que che desvelen nada das películas, mellor non sigas lendo, porque vou a falar dun detalle moi significativo da película “Guerra Mundial Z”. Non será precisamente o final, mais, estando protagonizada esta película por Brad Pitt, xa podes supoñer como será o final desta fita. A película vai de … Seguir lendo Guerra Mundial Z: propaganda sionista da peor calaña

Lincoln, Rosalía, Castelao… algunhas coincidencias

Recoñezo a miña ignorancia sobre Lincoln, logo de ler o artigo de Vicenç Navarro, aproveitando a próxima estrea do biopic que dirixiu Steven Spielberg sobre o presidente americano que aboliu a escravitude. Co-fundador do partido republicano, e sen chegar a ser marxista e moito menos comunista, chegou a defender a causa dos traballadores, e para … Seguir lendo Lincoln, Rosalía, Castelao… algunhas coincidencias

Intocable: antes negro que musulmán

Como xa saberedes por outras entradas que fixen, gosto do cinema. Esta fin de semana fun a ver a película francesa Intocable. Baseada en feitos reais, a historia ten a súa orixe no libro "Tu as changé ma vie" e no documental “Á la vie, à la mort”, que narra a relación de amizade entre … Seguir lendo Intocable: antes negro que musulmán

Cine galego

Viña oíndo a Radio Galega, coma todas as mañás, e despacháronse a gusto dicindo que o “cine galego” levara o premio á mellor película e ao mellor actor nos Premios José María Forqué. Os gañadores son unha película co título en inglés, Buried, dirixida po Rodrigo Cortés, e o actor é Luís Tosar, polo seu … Seguir lendo Cine galego

2012

Hoxe estrease no cine a película 2012, de catastrófico (o digo en todos os sentidos) Roland Emmerich, que facturou películas como “Independence Day” ou “The Day is after tomorrow”.Desta volta asusta ao persoal coa idea de que en 2012 o planeta terra será sacudido por unha serie de catástrofes das que só se salvarán os … Seguir lendo 2012