A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

O goberno de Mariano Rajoy merece ser desaloxado da Moncloa ipso facto. Non só polas políticas liberais que leva a cabo, senón pola corrupción sistémica do seu partido que enlama todo o que toca. Rajoy está deslexitimado para gobernar. Agora ben, Podemos, que acaba de anunciar a presentación dunha moción de censura a ese goberno, … Seguir lendo A moción de censura de Podemos non é contra Rajoy, é contra o PSOE

En Marea confúndese de amigos

No mes de marzo pasado Pedro Sánchez presentouse á investidura para ser presidente do goberno. Ser ou non ser presidente dependía do apoio de Podemos e En Marea, que votaron en contra do candidato do PSOE, porque este estaba apoiado por Ciudadanos. Sen embargo, onte En Marea non tivo reparos en apoiar á galegófoba de … Seguir lendo En Marea confúndese de amigos

A guerra de medios na política española

O pasado xoves, o socialista Francisco Cuenca foi elixido novo alcalde de Granada cos votos favorábeis de Podemos, Izquierda Unida e Ciudadanos, en substitución do anterior do Partido Popular, imputado por presuntas corruptelas urbanísticas. Nesta ocasión os catro partidos uniron os seus votos para apartar o PP do goberno municipal desta cidade andaluza, o que … Seguir lendo A guerra de medios na política española

Haberá ou non haberá eleccións xerais anticipadas?

Desde o día 21 de decembro sostiven en privado que non habería repetición das eleccións xerais, e cada día que pasa téñoo máis claro, a pesar das declaracións, reunións fallidas e escenificacións dos partidos políticos implicados, PSOE, Ciudadanos, Podemos e PP. As razóns que me impulsan a pensar na pouco probábel nova convocatoria electoral son … Seguir lendo Haberá ou non haberá eleccións xerais anticipadas?

Excusatio non petita, accusatio manifesta

Beiras anunciou hoxe que En Marea-Podemos, -perdón, Anova, iso foi o que dixo- non estaría na mesa de negociacións entre PSOE, Ciudadanos e Podemos, porque pensa que só se pretende que a formación morada asuma o pacto que teñen os de Sánchez e Ribera. Pode ser que sexa así, mais semella ser unha escusa de … Seguir lendo Excusatio non petita, accusatio manifesta

España va bien!

Co descarrilamento do proceso soberanista catalán, que vive hoxe as súas horas máis hilarantes; coa esquerda abertzale reducida á mínima expresión (de 7 deputados pasa a 2); e co nacionalismo galego e de esquerdas que representaba o BNG fóra na escena Estatal, o españolismo xa pode respirar tranquilo outros 30 ou 40 anos e pode … Seguir lendo España va bien!

O 20D decidimos se Galiza ten voz propia ou voltamos á procesión dos caladiños

A aparición do BNG nas Cortes do Estado español en 1996, hai case 20 anos, marcou un punto de inflexión na política galega. Desde aquela Galiza tiña voz propia no Congreso, xa non dependía das alternancias do bipartidismo nin dos intereses xerais do Estado que os problemas do pobo galego tivesen altofalantes en Madrid. Os … Seguir lendo O 20D decidimos se Galiza ten voz propia ou voltamos á procesión dos caladiños

Do bipartidismo ao cuatripartidismo

As dúas patas sobre as que se asentou a idea da España única e uniforme, tórnase agora en catro, case corenta anos despois da Ditadura e outros tantos dunha democracia que non o é. PP, PSOE, Podemos e Ciudadanos está chamados a entenderse despois das eleccións municipais, e máis alá tamén, coa vista posta nas … Seguir lendo Do bipartidismo ao cuatripartidismo

O timo das primarias e do voto por internet

>As primarias están de moda. O partido político que non teña primarias para elixir os seus candidatos é un anticuado, practica a vella política. O "molón" é ter primarias, e se non che gusta o resultado sempre podes facer outra votación con outras normas distintas até que saia o que ti queiras. Así é a … Seguir lendo O timo das primarias e do voto por internet

O cambio non empeza en Andalucía

O lema de campaña de Podemos para as eleccións andaluzas era “O cambio empeza en Andalucía”, como antesala do cambio que vaticinan para as eleccións xerais de finais de ano. Porén, unha vez realizas as votacións a conclusión é que en Andalucía, cunha tasa de paro do 34%, nada cambia, todo sigue igual, agás, iso … Seguir lendo O cambio non empeza en Andalucía